CxG quere “relanzar” este partido “renovando o galeguismo”

O seu secretario nacional destaca que hoxe en día Compromiso representa o “galeguismo máis organizado e o de maior implantación do país”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/01/2017 | Actualizada ás 09:20

Comparte esta noticia

Renovando o galeguismo.Nova organización.Novas accións”. Este será o lema do II Congreso Nacional que a formación Compromiso por Galicia celebrará o vindeiro sábado 31 de xaneiro en Teo.

O secretario nacional de organización de Compromiso por Galicia, Manoel Vello
O secretario nacional de organización de Compromiso por Galicia, Manoel Vello | Fonte: CXG

O secretario nacional de organización de Compromiso por Galicia, Manoel Vello, destacou que este “será o conclave máis importante de Compromiso desde a súa constitución” e suliñou o feito de que suporá “o relanzamento do partido” despois de catro anos de existencia e da reconfiguración do seu “corpus militante”.

En relación co lema congresual, o secretario de organización apelou á necesidade de renovación. “Levamos moitos anos sen un galeguismo organizado”, dixo e indicou que hoxe en día Compromiso, con dúas alcaldías significativas e uns trinta concelleiros, representa "o galeguismo máis organizado e o de maior implantación do país".

Vello salientou que entre os 41 candidatos e candidatas ao Consello Político Nacional hai moitas caras novas que, dixo, “certifican esta nova singradura política”. Os congresistas votarán tamén unha nova cara para a secretaría xeral do partido, á que só presentou candidatura Juan Carlos Piñeiro.

Desde Compromiso tamén se destacan as emendas que se debaterán nesta cita e que “marcarán o futuro do partido” e que foron presentadas pola militancia ós documentos de Política, Estratexia e Estatutos.

Neste segundo Congreso Nacional estará presente unha delegación do Euzkadi Buru Batzar(EBB), a executiva do Partido Nacionalista Vasco.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

8 Pancho

CxG estaba mellor cos galeguistas de CXXI e Terra Galega.

7 Mar

CxG estabades mellor na Marea ou no BNG. Básicamente, a grandes rasgos e sen mirarse o embigo como facedes vós, o galeguismo/nacionalismo en Galicia é soberanista e de esquerdas. Queredes inventar o que non hai...pues vale.

6 Galeguista

Ladran, logo cabalgamos

5 Jorge

Bueno, lo de 0 votos en Vilar de Santos, lo comprobé ahora y es mentira rojo. Estos separatistas tuvieron...4...JAJAJA. Me dais asc toda la gente que quereis dividir y no sumar.

4 Jorge

La traición de Cuiña la estais pagando. Desapareced ya!!! Sois unos farsantes que estais contra la convivencia entre españoles. No insistáis en crear conflictos donde no los hay. El pueblo gallego habla y habló el 25 de Septiembre. No os enterasteis? Iros al Bloque o a las mareas esas, fachas separatistas, de la mano del independentismo del PNV...muy bien. Tomamos nota. Ni agua. Sobrais en Galicia.