Celebran a porta pechada o xuízo a un home acusado de abusar da súa sobriña na Coruña

O fiscal, que pide 16 anos de prisión para o procesado, aceptou a solicitude da acusación

A CORUÑA | 18/01/2017 | Actualizada ás 11:50 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O xuízo a un home acusado de abusar da súa sobriña política celébrase este mércores na Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña a porta pechada, despois de aceptar o Ministerio Fiscal a petición da acusación.

Pasadas as 10,00 horas deu comezo o interrogatorio ao procesado, un home que senta no banco dos acusados por feitos acontecidos durante o primeiro semestre do ano 2003.

O Ministerio Público solicita 16 anos de prisión para o home por un delito de abuso sexual sobre unha menor de 13 anos e outro de agresión sexual. A vítima tiña 9 anos cando se produciron os feitos.

O fiscal sostén no seu escrito que o home, aproveitando que a menor pasaba moito tempo na súa casa, e "con ánimo libidinoso", nunha ocasión seguiu á vítima ata un dormitorio e "tratou de quitarlle os 'panties' que levaba, conseguindo a menor saír correndo".

Non obstante, unha semana despois, "volveu seguila ata un dormitorio, colléndoa con forza por detrás, inmobilizándoa, para, a continuación, tocarlle os xenitais". Os feitos foron denunciados pola vítima en novembro de 2012.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta