Condenado a ano e medio de cárcere e a seis anos sen carné un mozo de Ferrol tras fuxir da Garda Civil

O varón deberá de sacar de novo o permiso de conducir por orde xudicial

Ferrol | 18/01/2017 | Actualizada ás 18:42 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O veciño de Ferrol M.A.C., de 27 anos, foi condenado a un ano e medio de cárcere e a retirada do carné de conducir durante seis anos tras protagonizar o pasado 8 de xaneiro un persecución por estradas dos municipios coruñeses de Fene e Ferrol e na que mesmo puxo en perigo a integridade de ata tres axentes da Garda Civil de Tráfico que trataron de evitar a súa fuxida.

Durante a vista, celebrada no Xulgado do Penal de Ferrol, o acusado recoñeceu ser o responsable dun delito de condución temeraria e de negarse a que lle practicasen as probas de alcoholemia e drogas, polo que aceptou unha sentenza de conformidade dun fallo que non pode ser recorrido, ao pactar tanto a Fiscalía como a avogada da defensa a condena.

Ademais das penas impostas, o mozo ferrolano terá que volver examinarse para obter a licenza de condución unha vez trascurridos seis anos, tal e como o trasladou a xuíza durante a vista.

Na sesión non tiveron que entrar a declaran ningún dos axentes da Garda Civil de Tráfico do Destacamento de Ferrol nin da Policía Local desta cidade que estaban citados como testemuñas.

A xuíza condenou o mozo a un ano de prisión e cinco de privación de licenza para conducir por condución temeraria, sumando a esta pena outros seis meses de cárcere e outro ano sen carné por negarse a someterse ás probas de alcoholemia e drogas.

FUXIDA

O incidente polo que foi xulgado o novo ferrolano iniciouse na peaxe de Fene da autoestrada AP-9, onde a Garda Civil de Tráfico tiña instalado o control. Tras darlle o alto, o vehículo no que viaxaba o varón, un Volkswagen Golf de cor azul, en lugar de deterse acelerou a marcha e a punto estivo de arrastrar ata a dúas axentes, dándose á fuga.

Foi entón cando se puxo en marcha un operativo de seguimento co obxectivo de interceptar o vehículo, que contou coa participación de axentes da Policía Local de Ferrol.

O perseguido foi alcanzado varios minutos máis tarde no barrio de Caranza, á altura do bloque 27 da rúa Padre Feijóo, ao ver pechado o paso por un vehículo da Benemérita, onde estivo a punto de atropelar outro axente.

Foi entón cando o condutor se apeou do vehículo e iniciou unha fuxida á carreira, sen facer caso ás chamadas de detención, o que motivaron que un dos axentes que participou na persecución efectuase coa súa arma regulamentaria un tiro intimidatorio ao aire, que facilitou o seu apresamento por outro compañeiro.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta