A obra 'Get back', con guion de Diego Ameixeiras e dirección de Jorge Coira, chega a Santiago entre o 19 e o 21

A obra de teatro 'Get Back', con guión de Diego Ameixeiras e dirección de Jorge Coira, baseada nunha idea orixinal de Camilo Franco, chegará a Santiago os días 19, 20 e 21 de xaneiro (Teatro Principal, 10 euros).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2017 | Actualizada ás 07:11 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A obra de teatro 'Get Back', con guión de Diego Ameixeiras e dirección de Jorge Coira, baseada nunha idea orixinal de Camilo Franco, chegará a Santiago os días 19, 20 e 21 de xaneiro (Teatro Principal, 10 euros).

'Get back' é unha comedia que conta historias de 'londoners', galegos emigrados en Londres, protagonizada por Alfonso Agra, Federico Pérez, Tamara Cana, Miguel Guido e Mercedes Castro.

Esta obra da compañía Eme-2 Emoción&Arte narra a historia de cinco personaxes que quedan atrapados no vagón dun metro que viu o seu traxecto interrompido en Londres.

Son catro galegos emigrados a Londres e un inglés que no pasado se buscou a vida en Galicia. As súas vidas crúzanse e a retranca aflora na súa conversación.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta