O CGAI trae por primeira vez a España a obra cinematográfica do pintor Luís Noronha da Costa

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) trae por primeira vez a España a obra filmíca do pintor Luís Noronha da Costa con tres sesións, a partir deste xoves, comisariadas pola Asociación Lumière e programadas en colaboración con Cinemateca Portuguesa, segundo informa.

A CORUÑA | 19/01/2017 | Actualizada ás 09:03 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) trae por primeira vez a España a obra filmíca do pintor Luís Noronha da Costa con tres sesións, a partir deste xoves, comisariadas pola Asociación Lumière e programadas en colaboración con Cinemateca Portuguesa, segundo informa.

Este artista é coñecido principalmente en Portugal pola súa obra pictórica, "de marcado carácter neorrealista na que hai referencias habituais á historia da arte", sinala a organización nun comunicado.

Ademais da pintura, subliña tamén que Noronha da Costa practicou outras disciplinas como a escultura, a arquitectura ou o cinema.

En 2006, a exposición 'Noronha da Costa Revisitado', organizada no Centro Cultural de Belém, en Lisboa, permitiu á Cinemateca Portuguesa "rescatar e reivindicar a faceta máis descoñecida do artista como realizador cinematográfico", engade.

O ciclo ábrese este xoves coa presenza do comisario Francisco Alagarín, da Asociación Lumière, que participará, como experto, en todas as sesións para presentar a obra do artista e contextualizarla.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta