A Coruña, a universidade galega máis respectuosa co medio ambiente

A UDC destaca no UI GreenMetric World University Ranking no posto 149 de 516 universidades analizadas en todo o mundo. A de Santiago ocupa o 234 e a de Vigo, o 321.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2017 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

A Universidade da Coruña (UDC) é, das tres institucións públicas de ensinanza superior de Galicia, a que aplica políticas máis sustentables e respectuosas co medio ambiente. O centro coruñés sitúase por riba das universidades de Santiago de Compostela (USC) e Vigo (UVigo) na sétima edición do GreenMetric Ranking of World Universities, na que se comparan os esforzos de universidades de todo o mundo cara a sustentabilidade ambiental e as políticas de xestión respectuosas co ambiente.

A Universidade da Coruña
A Universidade da Coruña | Fonte: UDC.

Nesta última edición do Green Metric, que avalía 516 universidades de 75 países no ano 2016, A Universidade da Coruña destaca entre as mellores ao acadar a posición 149 a nivel mundial (percentil 71), e o número 13 a nivel estatal, dun total de 27 universidades españolas, sendo a primeira do Sistema Universitario Galego. A clasificación mundial está encabezada pola Universidade de California Davis; e en España, pola Autónoma de Barcelona. 

O Green Metric avalía as universidades en base a seis categorías: infraestruturas, enerxía e cambio climático, xestión de residuos, uso da auga, transportes e educación. A UDC destaca especialmente en educación (posición 47 a nivel mundial e 71,3% da puntuación máxima), e tamén en xestión de residuos (posición 126 e 73,7%), seguida de enerxía e cambio climático (posición 157 e 44,1%).

En relación coa puntuación máxima posible, a UDC sitúase entre o 37,5% en auga e o 73,7% en residuos, mentres que a posición percentil con respecto ao total de universidades vai do 23,4% en localización e infraestrutura ao 90.9% en educación. A diferenza entre ambos índices pódese considerar indicativa da posición de vantaxe da UDC en cada temática sobre a situación das universidades en xeral. A diferenza é positiva en todas as temáticas agás na de localización e infraestrutura, na que é negativa. A posición da UDC é relativamente máis forte en enerxía e cambio climático (+25,4% na diferenza entre a posición percentil e a porcentaxe do máximo), educación (+19,6%) e auga (+14,1%).

A seguinte universidade galega mellor posicionada no Green Metric é a USC, no posto 234 do global e no 17 estatal, mentres que a de Vigo se sitúa no 321 global e no 24 estatal, sendo a única do Sistema Universitario Galego que aparece da metade para abaixo na táboa da clasificación mundial.

CLASIFICACIÓN GREEN METRIC EN ESPAÑA
Posto Universidade Puntuación Total Locaiiación e Infraestruturas Enerxía e Cambio Climático Residuos Auga Transporte Educación
1 Universitat Autonoma de Barcelona 6986 900 1251 1551 921 1141 1222
2 Universidad de Alcala 6686 776 1344 1599 700 1119 1148
3 Universitat de Valencia 6594 751 1031 1476 775 965 1596
4 Universidad Autonoma de Madrid 6324 1086 1262 1326 525 1011 1114
5 Universitat de Barcelona 6125 755 929 1650 682 1160 949
6 Universidad de Oviedo 5988 964 830 1476 445 865 1408
7 Universidad Rey Juan Carlos 5946 839 1034 1500 536 906 1131
8 Universitat Jaume I de Castellon 5937 919 870 1326 775 976 1071
9 Universitat de Girona 5726 381 1255 1401 395 1079 1215
10 Universidad Politecnica de Valencia 5564 215 1093 1551 400 1167 1138
11 Universidad de Castilla la Mancha 5444 812 930 1077 530 865 1230
12 Universidad de Navarra 5423 731 1049 1452 550 976 665
13 Universidade da coruna 5311 576 927 1326 375 824 1283
14 Universitat de Vic 4886 328 1142 1575 462 572 807
15 Universidad de Valladolid 4640 522 722 1251 460 1125 560
16 Universidad de Salamanca 4538 482 861 1149 445 1067 534
17 Universidade de Santiago de Compostela 4498 432 491 1251 208 840 1276
18 Universidad de Las Palmas de Gran Canaria 4445 887 688 1251 75 651 893
19 Universidad de Granada 4444 427 675 1200 300 736 1106
20 Universitat Rovira i Virgili 4435 775 760 1227 290 559 824
21 Universidad Miguel Hernandez 4361 820 567 1224 10 913 827
22 Universidad de Alicante 4351 171 682 1275 407 977 839
23 Universidad de Zaragoza 4338 664 947 900 271 560 996
24 Universidade de Vigo Vigo University 3926 675 457 1101 150 693 850
25 Universitat de les Illes Balears 3164 796 497 624 404 551 292
26 Universidad de La Laguna 3132 605 343 975 271 738 200
27 Universidad de Jaen 2672 267 312 825 275 504 489

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta