O restaurante de Ferrol que participou no programa de Chicote impulsa unha denuncia contra este

Tanto o mesón Irlanda como o Café Zamora, participantes de Pesadilla en la cocina, critican que non se cumpriu o contrato porque non se realizaron melloras nos locais.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 19/01/2017 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

Os propietarios do mesón Irlanda, en Ferrol, impulsan, xunta coa propietaria do Café Zamora, de Zamora, unha denuncia colectiva contra o programa 'Pesadilla en la Cocina', que presenta o popular cociñeiro Alberto Chicote.

Un dos propietarios do restaurante Irlanda, de Ferrol, con Alberto Chicote no programa Pesadilla en la Cocina, que emite La Sexta
Un dos propietarios do restaurante Irlanda, de Ferrol, con Alberto Chicote no programa Pesadilla en la Cocina, que emite La Sexta

Esta denuncia podería tomar forma este xoves en Madrid, lugar onde os impulsores da denuncia teñen convocado a un grupo de 22 restaurantes que teñen participado no programa e que denuncian incumprimentos de contrato por parte de Warner Bros. International Television Production, a productora do programa que emite La Sexta.

Segundo recolle o xornal La Opinión de Zamora, os participantes nesta comida queren impulsar unha "asociación de afectados Pesadilla en la cocina". A iniciativa parte das donas doa restaurantea Irlanda de Ferrol e do Café Zamora, locais que protagonizaron dous episodios do programa de Alberto Chicote, un espazo dedicado a sacar de apuros a bares e restaurantes en problemas.

Os membros desta plataforma considéranse estafados polo programa de La Sexta xa que, segundo sinalan na Opinión de Zamora, sufriron "unha estafa" xa que a pesar de participar nas gravacións os seus locais non foron reformados nin se cumpriron as promesas de mellora. "Non se nos ensina nada de cociña e firmas un contrato que se incumpres xa che obrigan a pagar unha indemnización que che arruinaría toda a vida", explica a dona do restaurante Irlanda ao citado diario local.

Ameaza de denuncia

Warner Bros. International Television Production e La Sexta xa saíron en defensa do programa e do seu presentador, Alberto Chicote. "Tanto a cadea como a produtora estudan emprender as accións legais que sexan necesarias para restituír o inxustificado dano na imaxe de que se ocasionou", sinalan nun comunicado ambas as súas compañías.

"O fácil é botarlle a culpa á televisión, pero millóns de españois viron o excelente traballo que fai o programa e Alberto Chicote e así o valoran a maioría dos restaurantes aos que axudou o programa", apunta o comunicado de La Sexta e Warner Bros. International Television Production. 

Críticas

O propietario do mesón Irlanda --durante un tempo Lembranzas por esixencias de Pesadilla en la Cocina--, José Manuel Gil, xa tiña criticado duramente ao cociñeiro e ao programa despois de saír en pantalla, o pasado outubro.Gil denunciou o incumprimento do pactado coa produtora, porque non lle instalaron a cociña comprometida. Tamén criticou os métodos que utiliza a productora xa que moito dos diálogos eran "seguindo un guión" e, no seu caso, unha graxa que aparecía na cociña "foi posta a drede".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta