En Marea denuncia que o decreto que ultima o Goberno sobre cláusulas chan dá "a forza negociadora" á banca

O voceiro parlamentario de En Marea, Luís Villares, denunciou que o real decreto que ultima o Goberno central, tras pactar co PSOE a solución extraxudicial para devolver o diñeiro cobrado indebidamente polas cláusulas chan, dá "a forza negociadora á banca en detrimento das persoas prexudicadas".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2017 | Actualizada ás 15:36 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O voceiro parlamentario de En Marea, Luís Villares, denunciou que o real decreto que ultima o Goberno central, tras pactar co PSOE a solución extraxudicial para devolver o diñeiro cobrado indebidamente polas cláusulas chan, dá "a forza negociadora á banca en detrimento das persoas prexudicadas".

Así asegurouno este xoves o dirixente de En Marea, que criticou que este decreto "rebaixa as condicións" que se deben cumprir ante unha sentenza que sinala que "existe unha cláusula abusiva declarada nula de pleno dereito". "Se non cumpren, as consecuencias naturais serían a devolución completa de todo o diñeiro e intereses máis as costas", indicou.

Non obstante, segundo advertiu Villares, con este decreto concédese "unha maior forza negociadora á banca na medida na que hai unha ameaza sobre as cousas en función da oferta que se faga".

"A oferta que se fai no primeiro momento pola banca non se concreta, simplemente anúnciase que existen procedementos extraxudiciais. En segundo lugar, non queda claro se hai que cuantificar soamente o capital ou o capital e os intereses, cando o legal é que sexa tamén con notificación de capital e intereses para que despois os consumidores poidan decidir se realmente se lles está a devolver o que se lles debe ou non", precisou exmaxistrado.

A iso, engadiu que, ademais, o documento "aínda deixa na cabeza dos bancos decidir se as cláusulas que teñen particularmente eles postas son abusivas ou non" cando, como recordou, a sentenza europea "deixa ben claro que son todas abusivas".

ARBITRAXE

Fronte a iso, Villares pediu que se poña en marcha un sistema de arbitraxe no que participen as asociacións de consumidores e que "deixe ben claro que ten que haber unha oferta en todos os casos nos que houbo cláusulas chan e que esa oferta debe incluír capital e intereses".

"O que non pode haber é un real decreto que dea unilateralmente aos bancos todo o poder de facer as ofertas, entendemos que esa situación debería estar como mínimo intervida polas asociacións de consumidores", sinalou Villares, que recordou que o Goberno podería habilitar a calquera administración para esta arbitraxe como a Xunta, que ten competencias en materia de consumo.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta