Gadisa inaugura en León a primeira franquía Claudio de 2017

A compañía galega Gadisa inaugurou en León a primeira franquía Claudio de 2017 no marco da expansión desta liña de negocio na Comunidade de Castilla e León.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2017 | Actualizada ás 18:17 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A compañía galega Gadisa inaugurou en León a primeira franquía Claudio de 2017 no marco da expansión desta liña de negocio na Comunidade de Castilla e León.

A apertura deste punto de venda supón a creación de seis postos de traballo directos, segundo informou a compañía, que explica que o novo Claudio Express está situado nun complexo composto por estación de servizo, restaurante, cafetaría e boxes de lavado do Grupo Valcarce na Avenida dos Agustinos.

O establecemento dispón de 150 metros cadrados e cumpre os requisitos dos espazos Claudio Express: horario ininterrompido (os 365 días do ano, de 7,00 a 23,00 horas), proximidade aos clientes e variedade que permite satisfacer as necesidades básicas respecto a produtos de alimentación, hixiene e limpeza. Tamén conta con panadaría, prensa e accesorios para o automóbil.

"A comodidade é outra das características do Claudio, tanto no acceso exterior coma na disposición dos produtos nas seccións, que reproducen as instalacións dos supermercados convencionais", segundo destaca Gadisa.

A empresa incorporou durante o exercicio pasado 15 puntos de venda da rede de franquías, que está implantada, principalmente, en núcleos rurais e semiurbanos de Castilla e León e Galicia. Esta liña de negocio inclúe establecementos de proximidade, que ofrecen un trato próximo aos clientes e poñen á súa disposición artigos de primeira calidade a prezos competitivos.

A compañía, que alcanzou as 160 franquías Claudio, conta tamén con 216 supermercados Gadis e 12 Cash Ifa, situados en Castilla e León e Galicia.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta