Os trens turísticos galegos incorporan dúas novas rutas que pasarán pola Coruña e Ourense

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, anunciou que os trens turísticos galegos verán ampliadas as súas rutas até 11, con dous novos percorridos que potenciarán o turismo urbano como o 'Tren Ourense termal' e o 'Tren da Coruña'.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2017 | Actualizada ás 20:30 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, anunciou que os trens turísticos galegos verán ampliadas as súas rutas até 11, con dous novos percorridos que potenciarán o turismo urbano como o 'Tren Ourense termal' e o 'Tren da Coruña'.

Nava Castro presentou este xoves na Feira Internacional de Turismo (Fitur) de Madrid a nova edición de 'Galicia coma unha bala' que terá unha previsión de 56 saídas.

No caso do 'Tren Ourense Termal', a responsable de Turismo de Galicia explicou que realizará o itinerario entre Santiago de Compostela e Ourense, onde os viaxeiros realizarán unha visita guiada que lles axudará a interpretar o patrimonio de cultural da cidade termal.

Ademais, sinalou que, como segunda novidade, en 2017, o 'Tren da Coruña' permitirá aos viaxeiros descubrir a cidade herculina e gozar dos seus atractivos turísticos urbanos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta