'Os días iguais de cando fomos malas', unha novela carceraria sobre mulleres de Inma López Silva

A editorial Lumen publicou a novela carceraria 'Os días iguais de cando fomos malas', da escritora galega Inma López Silva.

A CORUÑA | 19/01/2017 | Actualizada ás 21:34 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A editorial Lumen publicou a novela carceraria 'Os días iguais de cando fomos malas', da escritora galega Inma López Silva.

O libro trata sobre a liberdade e o mal "dende o punto de vista feminino", xa que as mulleres son consideradas como "máis malas e menos libres", segundo explicou a autora nunha entrevista concedida a Europa Press.

Para López Silva o libro pretende "romper" a visión que a sociedade ten dos cárceres, que é un mundo "moi descoñecido" para a maior parte das persoas. A intención de López Silva é contar que calquera pode rematar en prisión, por cometer un erro ou por tolear, polo que esta historia achega un punto de vista que pode ser "interesante" para a xente porque "non é habitual".

Sobre este tema, engadiu que normalmente se fala dos cárceres como un sitio onde hai xente "moi mala", onde viven situacións "terribles", pero a realidade "non é así para nada".

O álter ego da escritora, co que hai "un xogo" entre a autora e o personaxe, é a narradora dunha historia "baseada en persoas reais". Por exemplo, Sor Mercedes, un personaxe inspirado en Sor María, a monxa que "apareceu" na prensa por presuntamente contribuír ao roubo de bebés durante a ditadura; Rebeca, unha muller xitana inspirada en varias historias "reais" de mulleres xitanas; Valentina, unha latinoamericana que foi mula do narcotráfico, que é a historia de "moitísimas" rapazas que hai nos cárceres españois; ou Laura, unha funcionaria de prisións que causa "rexeitamento" a moitas lectoras e a outras lles "interesa" por ser "unha muller que se comporta como un home", di.

Así mesmo, López Silva afirmou que, como é "egocéntrica", ao personaxe que "máis quere" é ao seu, xa que, menos estar no cárcere, ten "case todo de ela, tanto o emocional como a relación coa literatura".

Para documentarse á hora de escribir a novela, a autora mantivo entrevistas con prisioneiros, funcionarios de prisións e persoas do mundo xudicial para coñecer como é o día a día dunha prisión e das persoas que viven nela. López Silva di que ir ao cárcere e ver "o ambiente que se respira" foi un experiencia "marabillosa, emocional e brutal".

Ademais, a novelista mantivo unha relación epistolar cun interno do centro penitenciario da Lama (Pontevedra) que a axudou "moito", xa que ese punto de vista foi "moi bo" para a novela e "moi educativo" para ela, porque aprendeu a ver a relación das persoas co ben e o mal dunha forma distinta.

A autora comentou que "ogallá" a obra, que foi publicada en galego pola editorial Galaxia Gutenberg, teña a mesma acollida en castelán, xa que as "boas críticas" recibidas foron porque os temas que se tratan "chamaron a atención" tanto do público como da crítica, e que eses temas non son "especificamente" galegos, polo que "non hai ningún motivo" para que a nivel nacional sexa o mesmo.

Por outro lado, López Silva destacou que está "encantada" con Lumen, xa que é unha editorial coa que se sentiu "especialmente cómoda" porque é "moi feminina" e porque a axudaron "moitísimo" a mellorar a novela e a traballar con ela na tradución.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta