O hotel de luxo do faro de Illa Pancha abrirá en marzo

O proxecto foi duramente criticado por entidades locais e partidos. Lídia Senra mesmo levou o asunto ao Parlamento Europeo por afectar a un espazo da Rede Natura 2000.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2017 | Actualizada ás 10:59

Comparte esta noticia

As instalacións do faro de Illa Pancha, no municipio lucense de Ribadeo, abrirán como aloxamento turístico o próximo mes de marzo, tal e como confirmou este venres o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, tras o seu paso polo stand de Portos do Estado situado en Fitur.

Faro en Illa Pancha
Faro en Illa Pancha | Fonte: Chairego_apc wikimedia

Este proxecto turístico converteu o faro da Illa Pancha, construído en 1857, nun hotel de luxo no tan só collen, pola limitación do espazo, dúas habitacións. O plan tamén inclúe unha cafetería e aparcamento, fosa séptica, erguer vinte carteis e acondicionar con luces nocturnas a zona.

Desde o primeiro momento, distintos grupos políticos criticaron esta infraestrutura turística porque, din, afectará á protección medioambiental e paisaxística desta contorna.

De feito, a súa polémica construción foi levada ao Parlamento Europeo por Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa. A parlamentaria alertou de posibles irregularidades en canto ao posible cumprimento das esixencias da Rede Natura 2000 e de normativas en materia de conservación da natureza.

Tamén o colectivo “Polo noso Faro”, asociación que leva tempo amosando a súa posición contraria a este proxecto, presentou peticións tanto ao Valedor do Pobo de Galicia, como ante o Defensor del Pueblo do Estado Español  pedindo que faciliten os expedientes completos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta