Equo Galicia e Espazo votarán a súa separación tras un ano xuntos

A federación entre os ecoloxistas de Equo Galicia e os ecosocialistas de Espazo pode chegar ao seu fin o próximo 18 de febreiro. A cooperativa política reunirase ese día en Santiago no que será a súa primeira asemblea ordinaria. Un dos únicos tres puntos da orde do día sobre a mesa é a “votación sobre a disolución da cooperativa ESPAZO-EQUO e acordos que procedan”. Previamenet avaliaranse as contas e o “estado da cooperativa”.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 20/01/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O certo é que, malia a súa unión na primavera de 2016, as dúas formacións seguen a manter actividade e posicionamentos públicos propios. Especialmente relevante é a recente crítica lanzada dende Equo Galicia á creación dunha “lista oficialista desde o aparto de En Marea”.

Asemblea de EQUO e Espazo Ecosocialista que decidiron unirse nunha Cooperativa Política Galega do Ecoloxismo Político
Asemblea de EQUO e Espazo Ecosocialista que decidiron unirse nunha Cooperativa Política Galega do Ecoloxismo Político

Os ecoloxistas denunciaron un “paso atrás na Marea” ante unhas “primarias ficticias”. Unha denuncia que non tivo eco nos seus socios escosocialistas. Este grupo mostrounos últimos meses o seu respaldo a Luís Villares (quen encabeza precisamente a lista oficialista a que fai referencia Equo) como líder dun "partido de novo formato" no que, en opinión de Espazo, debe cristalizar a confluencia de En Marea.

Así as cousas é posible, a espera da votación a celebrar no Centro Cultural do Ensanche, que cada grupo siga o seu camiño. De feito, Equo Galicia tamén convocou para ese día, ao finalizar o debate sobre a federación, a súa propia asemblea extraordinaria. Nela debaterá un plan de acción propio para 2017 e os seus concelleiros explicarán a súa labor a nivel municipal.

De todos os grupos organizados que confluíron nas mareas galegas, Espazo -un partido socialista e ecoloxista de ámbito autonómico- e Equo -unha formación verde de ámbito estatal- son dous dos máis pequenos. Con todo, os dous teñen algúns militantes con cargos públicos a nivel municipal. Por exemplo, Daniel Díez, de Equo, é concelleiro de mobilidade na Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

6 frente conacheiro

ESPAZO foi sempre moi traidor eran catro pero xa caeron totalmente en podreiros, o vello os esta colocando na lista para seguir chupeteando... o de hoxe do artista de podreiros de santiAGE de componendas que tiña un catalogo do porno web montado e noxento e o amigo da pucha calva sin dimitir...

5 Pregunta

Isto que é que están fartos de Hermida ou que Hermida está cabreado con eles despois da sua exclusion

4 Gamela

Non sei se son catro ou catrocentos o que sei é que na súa web deixei un comentario que lamentablemente nunca foi publicado... coma case sempre sucede en tódalas web (agás en GC) así que por min poden irse pon onde viñeron... http://equogalicia.org/paso-atras-n... En canto á web de En Marea / Medrando > seguen medrando a contagotas os inscritos, INCUMPRINDO claramente o seu propio calendario de eleccións xa que os 2005 actuais foron aparecendo logo de abrirse a campaña das Tres Listas... Por uns minutos figurou na Web que os Inscritos Activos eran = 60 = mellor supoñer que fose un erro informático... Pero sería fantástico que toda esta CAMPAÑA ao Consello de En Marea fose cousa de SESENTA persoas... e que os 2000 fosen virtuais... Seguiremos Informando / Espazo Ecosocialista seran os mesmo que non caben en Cerna / ou simplemnte son os mesmos de Cerna cando van dar un paseo... Santa Ignorancia!

1 Gamela

agora que xa abriron as votacións... 2060 inscritos // 1075 persoas activas ???

3 Roi Breogán

Coñezo a xente de Equo tanto de A Coruña como de Vigo, son poucos pero traballan bastante con colectivos sociais e soen participar en manis contra a violencia de xénero ou contra as corridas de toros. Non coñezo ós outros...

2 Manel Reigoso

Buff! Estos de Espazo-ecosocialista son unos chaqueteros... creo que ya estuvieron en AGE y las Mareas pero tampoco pudieron pillar cacho.