Pontón (BNG) cre que o PPdeG "debería ser contundente" co goberno de Valga, nun "novo caso de corrupción"

A líder do BNG, Ana Pontón, cre que "é evidente que o PP debería ser contundente en relación con ese novo caso de corrupción que salta á Xustiza e que salpica unha vez máis ao Partido Popular", en relación á investigación aberta ao alcalde popular de Valga, José María Bello Maneiro, e parte do seu equipo de goberno por prevaricación.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2017 | Actualizada ás 13:24 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A líder do BNG, Ana Pontón, cre que "é evidente que o PP debería ser contundente en relación con ese novo caso de corrupción que salta á Xustiza e que salpica unha vez máis ao Partido Popular", en relación á investigación aberta ao alcalde popular de Valga, José María Bello Maneiro, e parte do seu equipo de goberno por prevaricación.

Sete dos nove concelleiros cos que conta na actualidade o PP no Concello de Valga e outros dous exconcelleiros populares foron citados a declarar en calidade de investigados ante a maxistrada do xulgado de instrución número 1 de Caldas nunha causa aberta polo suposto cobramento irregular de axudas de custo dende 1992.

Ao respecto, Pontón define este caso como "unha pinga máis nunha epidemia de casos de corrupción". "Tampouco temos moi claro que o señor Feijóo vaia actuar neste caso porque vemos a súa laxitude ante outro tipo de imputacións e mesmo procesos xudiciais abertos contra militantes do seu partido", avisa.

"Non sei se a opción aquí é que todo siga igual, simplemente que se dean de baixa do PP, iso non deixa de ser un acto bastante cínico en relación coa súa contundencia na loita contra a corrupción", agrega a voceira nacional do Bloque.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta