A banca devolverá en efectivo o cobrado de máis por cláusulas chan, aínda que se poderán acordar outras fórmulas

Os bancos devolverán en efectivo o cobrado de máis aos clientes polas cláusulas chan non transparentes incluídas nos contratos hipotecarios, aínda que consumidor e entidade poderán acordar outras fórmulas de devolución, como a novación da hipoteca.

MADRID | 20/01/2017 | Actualizada ás 13:29 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Os bancos devolverán en efectivo o cobrado de máis aos clientes polas cláusulas chan non transparentes incluídas nos contratos hipotecarios, aínda que consumidor e entidade poderán acordar outras fórmulas de devolución, como a novación da hipoteca.

O Consello de Ministros aprobou este venres un Real Decreto de medidas urxentes de protección de consumidores en materia de cláusulas chan indebidas que establece un procedemento extraxudicial para resolver de forma "rápida e gratuíta" as reclamacións dos consumidores derivadas das últimas sentenzas xudiciais.

O procedemento dá tres meses aos bancos para chegar a un acordo co consumidor e resolver as reclamacións. A vía xudicial quedará aberta no caso de que o cliente non quede satisfeito coa oferta do seu banco, segundo explicou en rolda de prensa o ministro de Economía, Luis de Guindos.

Este Real Decreto obriga as entidades de crédito a poñer en marcha no prazo máximo dun mes a contar dende a entrada en vigor do decreto as medidas necesarias para dar cumprimento a esta vía extraxudicial. Ademais, os bancos deben garantir que o sistema é coñecido por todos os consumidores con cláusula chan nos seus contratos.

Unha vez que o cliente dirixe a reclamación á entidade, esta deberá remitirlle un cálculo da cantidade a devolver incluíndo os intereses ou, alternativamente, as razóns polas que considera que a reclamación non procede.

Tras recibir a comunicación, o consumidor deberá decidir se está de acordo ou non. Se o está, a entidade realizará a devolución do efectivo nun prazo máximo de tres meses, aínda que tamén cabe a posibilidade de que a entidade e o cliente acorden outras medidas compensatorias alternativas, como a novación das condicións da hipoteca.

Nese caso, a aceptación por parte do cliente será manuscrita, tras ser informado debidamente do valor económico da medida alternativa.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta