O BNG insiste nunha tarifa eléctrica galega: "Non é normal que haxa xente pasando frío con enerxía excedentaria"

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, volveu reclamar unha tarifa eléctrica galega nun contexto de suba xeneralizada do prezo da luz nos fogares da Comunidade. "Non é normal que haxa xente pasando frío cando somos excedentarios na produción de enerxía".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2017 | Actualizada ás 13:39 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, volveu reclamar unha tarifa eléctrica galega nun contexto de suba xeneralizada do prezo da luz nos fogares da Comunidade. "Non é normal que haxa xente pasando frío cando somos excedentarios na produción de enerxía".

Así, Pontón ofreceu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "un acordo de país" contra a pobreza enerxética e "o espolio da enerxía galega", co fin de "acabar coa estafa" de eléctricas, que "seguen facendo negocio" cunha cuestión que, "se é propiedade de alguén, é do conxunto dos galegos".

Tras criticar que "os acordos" entre o PP e PSOE "non solucionan os prezos da enerxía", insiste en defender unha tarifa eléctrica galega, "básica para poñer fin á pobreza enerxética", pero "tamén para que os galegos se beneficien da produción de enerxía".

De tal forma, considera que "hai que poñer couto" a unha "rapina" das eléctricas que "é absolutamente vergonzosa", pois "está sendo amparada por decisións políticas do Goberno do Estado".

Nesta liña, recorda que está en tramitación unha iniciativa lexislativa popular, impulsada pola CIG, para establecer esta tarifa, e espera que siga cara a adiante, pois o Goberno galego "ten que poñer isto na axenda de demandas" ante o Estado, xa que ve "inconcibible" que Feijóo "estea de brazos cruzados".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta