A Xunta convoca axudas para produtos turísticos, accesibilidade e sinalización no rural

O Diario Oficial de Galicia publica este venres a convocatoria de dúas ordes de axudas de Turismo de Galicia destinadas á conformación de produtos turísticos por parte de pequenos operadores do rural, por unha parte, e á mellora da accesibilidade e sinalización de recursos neste ámbito, por outra.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2017 | Actualizada ás 15:07 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia publica este venres a convocatoria de dúas ordes de axudas de Turismo de Galicia destinadas á conformación de produtos turísticos por parte de pequenos operadores do rural, por unha parte, e á mellora da accesibilidade e sinalización de recursos neste ámbito, por outra.

A primeira destas ordes está orientada a fomentar a cooperación entre pequenos operadores turísticos, consorcios e microempresas que decidan compartir recursos para a conformación de produtos turísticos de orientación comercial que fagan referencia ao ámbito rural galego. Está dotada con máis de 600.000 euros.

Os produtos subvencionables deberán ser "innovadores" e facer referencia a cuestións como os 10 produtos cabeceira de marca, o turismo familiar ou senior, a liña 'Que facer en Galicia cando chove', novos nichos de mercado como o turismo ornitolóxico, a cultura celta ou a posta en valor dos cascos históricos. En calquera caso, deberán facer referencia a espazos fóra das sete grandes cidades de Galicia.

SINALIZACIÓN E ACCESIBILIDADE

Por outra banda, o DOG recolle este venres tamén unha orde de axudas para mellorar a accesibilidade e a sinalización de recursos turísticos no medio rural, dotada con dous millóns de euros.

Con esta dotación, a Xunta prevé continuar coa mellora da accesibilidade e da sinalización de recursos como miradoiros, praias, bens de interese cultural, sendeiros ou rutas btt, que son "de grande atractivo" para os turistas.

En relación á accesibilidade, subvencionaranse actuacións como a mellora dos aparcamentos, a eliminación de barreiras arquitectónicas ou a adecuación de aseos, mentres que a sinalización abranguerá estradas, paneis interpretativos, aplicacións tecnolóxicas ou elementos homologados de rutas de senderismo ou btt.

As axudas para sinalización ou mellora da accesibilidade poderán alcanzar os 50.000 euros e abranguerán ata o 100 por cento da contía dependendo das características do municipio solicitante. As cooperativas e microempresas poderán optar a subvencións de ata 30.000 euros por acción.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta