En Marea esixe información sobre o calendario de obras da EDAR de Vigo e garantías para os veciños afectados

En Marea presentou unha batería de preguntas no Congreso dos Deputados dirixidas ao Ministerio de Medio Ambiente para esixir información sobre o estado das obras da nova estación depuradora (EDAR) de Vigo, que "xa tiñan que estar acabados en xullo de 2016", así como sobre as consecuencias deses traballos para os veciños e traballadores das zona, para os que reclama "unhas garantías mínimas de habitabilidade" e "seguridade".

VIGO | 20/01/2017 | Actualizada ás 15:14 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

En Marea presentou unha batería de preguntas no Congreso dos Deputados dirixidas ao Ministerio de Medio Ambiente para esixir información sobre o estado das obras da nova estación depuradora (EDAR) de Vigo, que "xa tiñan que estar acabados en xullo de 2016", así como sobre as consecuencias deses traballos para os veciños e traballadores das zona, para os que reclama "unhas garantías mínimas de habitabilidade" e "seguridade".

Así manifestouno a deputada Alexandra Fernández, que este venres visitou o lugar onde se constrúe esta infraestrutura e, xunto co voceiro de Marea de Vigo, Rubén Pérez, se reuniu con veciños afectados por "olores, gases e ruídos".

"En todo o que rodea á depuradora de Vigo hai un escurantismo brutal, unha falta de transparencia enorme, e queremos que os veciños poidan coñecer a situación das obras e da finalización, tanto no que ten que ver co emisario submarino (...), como a ampliación ou a planta de biogas prevista", aseverou, ao tempo que advertiu de que non só hai veciños e traballadores afectados, senón que o sector pesqueiro tamén alertou de "problemas que teñen que ver con contaminación" nas augas.

Pola súa banda, o voceiro de Marea de Vigo, Rubén Pérez, advertiu de que a decisión de construír unha "macrodepuradora" en lugar de descentralizar a súa actividade, obriga a que haxa un "mantemento continuo" para evitar "desgustos".

A ese respecto, avanzou que o seu grupo municipal preguntará ao goberno local "se realmente está a auditar" a situación das vivendas e industrias próximas á obra, e recordou que os olores e "fugas" levaron mesmo a persoas ao hospital e obrigan moitos empregados de empresas próximas a "traballar con máscaras".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Menos mal que Alexandra é traballadora... pois a Rubén xa o imos coñecendo... moito quentarlle os miolos aos veciños da depuradora, de Teis, de Cabral... todo menos tocarlle os collóns a Abel Caballero... (anda que é listo o rapaz) // O tema da EDAR é un pozo sen fondo de máis de 183 millóns de eurazos que comen OHL e non sei que pinta o Concello de Vigo gardando SILENCIO e promocionando as Cíes mentras enchemos a Ría de "merda" / O denunciamos pero nin resposta tivemos : https://flic.kr/p/QpAGAj e tamén aquí https://flic.kr/p/N12jZi // Como Alexandra non sexa FINA o Ministerio de Medio Ambiente ten moi ben colocada á vicepresidenta de ACUAES (Liana Ardiles) para CERTIFICAR todo o que haxa que CERTIFICAR !!! A ver se desta vai...?