A Editorial Galaxia convoca a primeira edición do Premio Illa Nova de Narrativa para menores de 35 anos

A Editorial Galaxia informou este venres da convocatoria da primeira edición do Premio Illa Nova de Narrativa, destinado a autores menores de 35 anos co obxectivo de "estimular a creación".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2017 | Actualizada ás 15:18 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Editorial Galaxia informou este venres da convocatoria da primeira edición do Premio Illa Nova de Narrativa, destinado a autores menores de 35 anos co obxectivo de "estimular a creación".

A convocatoria deste premio coincide coa conmemoración, este mes de xaneiro, do 60 aniversario da colección Illa Nova da Editorial Galaxia, orientada a dar voz ás novas xeracións.

Xohana Torres, Méndez Ferrín, Franco Grande, Bernardino Graña, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán ou Carlos Casares foron algúns dos novos valores que publicaron na colección, de onde saíron algunha das principais obras da 'Nova Narrativa Galega'.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta