'Queremos participar' defende que Villares sexa o "referente" dunha En Marea "soberana" e "sen dependencias"

Verao asegura que a actitude do exmaxistrado demostra que "ten madeira" e a "capacidade de ser o referente de todos"

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2017 | Actualizada ás 15:32 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A candidatura para o proceso interno de En Marea que inclúe persoas vinculadas con Cerna, 'Queremos participar', defende que Luís Villares sexa "referente de todos" e "único voceiro" dunha En Marea "soberana" e "sen dependencias" doutros partidos.

A exdeputada de AGE que se pasou ao Grupo Mixto Consuelo Martínez e a actual parlamentaria de En Marea Paula Vázquez Verao presentaron este venres en Santiago de Compostela esta lista que busca que "as bases de En Marea fagan o "verdadeiro consenso" que se ten que dar no conselo dás Mareas "baseándose nas tres candidaturas presentadas" e non "en pretendidos consensos previos".

Con este obxectivo, Consuelo Martínez destacou que 'Queremos participar' asíntase en dous piares. Así, en primeiro lugar, na defensa das decisións tomadas na Asemblea de Vigo, na que se decidiu que En Marea sexa "un partido soberano, galego e sen ningún tipo de dependencia" e, en segundo, na necesidade de que teña "unha portavocía unipersonal" que debe recaer na figura de Luís Villares.

E é que, segundo sinalou Paula Vázquez Verao, a actitude do exmaxistrado lucense no Grupo Parlamentario de En Marea mostra que "ten madeira" e a "capacidade de ser o referente de todos". "A Súa xenerosidade móstrase na andaina do grupo, que ten unha gran cohesión e que traballa unido", incidiu.

Neste sentido, celebrou que o regulamento do proceso interno que afrontará esta fin de semana o partido instrumental inclúa que a futura composición do Consello das Mareas, que formarán 35 persoas, sexa "proporcional" ao resultado obtido democraticamente por todas as candidaturas.

De feito, esta cuestión podería permitir que Luís Villares obtivese tamén a portavocía orgánica que a súa lista 'Máis Alá!' veta que compaxine coa parlamentaria, dado que tanto 'Queremos Participar' como a candidatura que integran persoas próximas a Anova, Somos Quen, apoian que o exmaxistrado sexa o referente único.

OBXECTIVO, COORDIANDORA

Na rolda de prensa ofrecida este xoves, Paula Vázquez Verao e Consuelo Martínez tamén destacaron que 'Queremos participar' é unha lista "moi plural" na que participa "xente das candidaturas municipalistas, xente ligada ao mundo sindical ou á ecoloxía" e que "achegan unha visión de Galicia" dende varios ámbitos.

Con esta composición fixaron o seu obxectivo en poder tender presenza na futura coordinadora -órgano executivo-, na que "se deberá reflectir a proporcionalidade" do consello das Mareas.

LISTA COMPLETA

En concreto, a lista 'Queremos Participar' está encabezada pola exparlamentaria autonómica Consuelo Martínez, á que lle segue o impulsor de Cerna, Marío López Rico. Ademais, tras a deputada Paula Vázquez Verao, que figura no número tres, aparecen na lista Carlos Meixome Quinteiro, Francisca Rodríguez, Manolo Pérez, Iris Malvido, Miguel Vilaboi, Mónica Díaz, Ramón Mouriño, Margarita Prieto, Carlos López, Laura Ogando, Ramón López, Helena Amoedo e Jorge Díaz.

Complétana María Casar, Xoan Rafael Vilas, Cris López Lobariñas, Antonio Cruz, María Jesús F. Neira, Idelfonso Piñeiro, Rosa Chantada, Cristian Domínguez, Teresa Varela, Xosé Manuel Fernández, Enma Rodríguez, Xosé Miguel Barrios, Manuela Pérez, Lois López Rico, María Xosé Freixo, Xerardo Alvero, Teresa Burgo, Luís González, Belén Martínez.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta