O PSdeG critica que o PP "se opoña" a prohibir a repartición dun panfleto "homófobo" nas escolas galegas

O voceiro de Educación do Grupo Parlamentario Socialista, Luís Álvarez, criticou que o Partido Popular "se opoña" a prohibir a repartición dun panfleto "homófobo" detectado nas escolas galegas e asinado pola "organización ultra católica" 'Faite Oír'.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2017 | Actualizada ás 15:39 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O voceiro de Educación do Grupo Parlamentario Socialista, Luís Álvarez, criticou que o Partido Popular "se opoña" a prohibir a repartición dun panfleto "homófobo" detectado nas escolas galegas e asinado pola "organización ultra católica" 'Faite Oír'.

O deputado socialista ofreceu este venres unha rolda de prensa na que lamentou que o PP rexeitase a petición formulada polo PSdeG na Comisión de Educación celebrada o xoves co argumento "falaz" dunha emenda na que cambiaba o foco da cuestión.

Así, asegurou que, a través da súa emenda, o PP en lugar de "prohibir" pedía "limitar" estas publicacións, despois dunha intervención na que un deputado popular chegou a cualificar de "lixo" esta publicación.

"O PP non necesita satisfacer a estes votantes cunha postura radical", manifestou o parlamentario socialista, que asegurou "non entender" a postura do Partido Popular "dende o punto de vista da hixiene democrática".

CUMPRIR A LEI

Deste modo, sinalou que a "lei debe ser cumprida en todos o centros, tanto públicos como privados" e recordou que "a Lei de Igualdade de trato e non discriminación o que fai é garantir o respecto a un colectivo que sofre unha grande presión social".

"Non é cuestión de vulnerar a liberdade de expresión de ninguén, senón de garantir o respecto á diversidade e negalo co voto é contrario a calquera sociedade avanzada", apuntou.

Fronte a iso, avanzou que os socialistas galegos continuarán coa súa ofensiva contra esta publicación, que cualificou de "barbaridade".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta