En Marea esixe que o pacto pola Educación inclúa toda a comunidade educativa e non quede nos "despachos"

En Marea esixiu que o pacto pola Educación conte con todas as forzas sociais e non sexa unicamente un pacto de "despachos" xa que debe ter o respaldo de toda a comunidade educativa.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2017 | Actualizada ás 15:42 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

En Marea esixiu que o pacto pola Educación conte con todas as forzas sociais e non sexa unicamente un pacto de "despachos" xa que debe ter o respaldo de toda a comunidade educativa.

Así o esixiu o partido instrumental despois de que este venres a deputada Ánxeles Cuña se reunise con representantes da Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, que lle trasladaron a súa preocupación ante a "falta de diálogo real".

Deste modo, o covoceiro da plataforma, Lois Uxío Taboada, informou a En Marea da súa preocupación ao considerar que pode darse o caso de que "se chegue a un pacto das forzas políticas" nesta materia pero que "non coincida coa comunidade educativa".

Por iso, considerou necesario un acordo social paralelo e esixiron que se abra un "espazo real" de diálogo coa comunidade educativa "que se anuncia pero non se remata de concretar".

A plataforma tamén explicou a En Marea que valora a convocatoria dunha folga xeral educativa para o 9 de marzo por parte de todos os sectores (alumnado, familias e docentes) e en todas as etapas do ensino "no caso de que non se produza ningún avance por parte das institucións políticas".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta