A Xunta destinará 1,8 millóns de euros nos próximos catro anos para a mellora xenética do gañado frisón

A Xunta renovou o seu convenio de colaboración co Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal), polo que o Goberno galego se compromete a destinar 1,8 millóns de euros nos próximos catro anos para avanzar na mellora xenética do gañado frisón.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2017 | Actualizada ás 18:02 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Xunta renovou o seu convenio de colaboración co Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal), polo que o Goberno galego se compromete a destinar 1,8 millóns de euros nos próximos catro anos para avanzar na mellora xenética do gañado frisón.

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o director xerente do Ligal, Roberto Lorenzana, asinaron este venres a renovación do acordo, que nos últimos oito anos permitiu "a realización das análises de mostras de leite procedentes do control leiteiro do gando vacún de Galicia".

Grazas a estes datos, segundo informou o Executivo galego, levou a cabo o 'Programa de mellora xenética de frisón' en Galicia, que busca "poñer disposición" dos gandeiros "material xenético de alta calidade" co obxectivo de "obter animais máis selectos e eficientes na produción de leite", o que permite "mellorar a competitividade" das explotacións.

Unha actuación que nos últimos oito anos recibiu 3,3 millóns de euros de fondos autonómicos e que, coa renovación do convenio, contará cunha partida anual de 455.000 euros polos próximos catro anos ata alcanzar un total de 1,8 millóns.

CONTROL QUÍMICO E BACTEOROLÓXICO

Os obxectivos que persegue o Ligal son "levar a cabo o control da composición química e bactereológica" do leite para "garantir unhas condicións hixiénico sanitarias óptimas para o seu consumo".

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, indicou tras a sinatura do convenio que "a mellora enerxética é un elemento imprescindible para fomentar a competitividade das explotacións leiteiras", polo que é "importante" dispoñer de "datos" para a "avaliación xenética dos reprodutores".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 cancadrilo

Gañado? perdoe que é o que gañou? eu pensaba que as vacas eran gado ou gando