Temas: EN MAREA HUMOR

O ISIS apoiará a candidatura de Máis Alá ao Consello de En Marea

O ISIS acaba de facer público o seu posicionamento a favor da candidatura encabezada por Luis Villares.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 22/01/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Tan só un día despois de que as candidaturas ao Consello de En Marea fosen presentadas, chegan os primeiros posicionamentos de calado, recaendo estes na candidatura oficialista encabezada polo maxistrado Luis Villares.

O alcalde da Coruña Ferreiro sacrificando a Luís Villares
O alcalde da Coruña Ferreiro sacrificando a Luís Villares | Fonte: fotomontaxe Tempos Galegos

O máis sorprendente é polo de agora o apoio explícito do grupo terrorista Daesh, tamén coñecido como ISIS, que sen lugar a vacilacións da o seu aval á candidatura de Máis Alá no proceso interno da formación.

O ISIS recoñeceu na canle árabe Al Jazzera que Máis Alá é o que precisa EnMarea, e Galiza en xeral, onde o islamismo non deixa de ser unha relixión minoritaria.

Desde Turquía, o seu alcalde Xulio Ferreiro, quita ferro ao asunto expoñendo que cada quen é libre de avalar as candidaturas coas que mellor se sintan representados, e non nega que o nome da candidatura non sexa buscado para crear o maior efecto mediático pósibel e captar así votos de todos os recunchos do país.

De gañar Máis Alá o proceso interno, e tal e como expoñen no seu documento político, o oficialismo mareil non dubidará en sacrificar ao seu voceiro no Parlamento Luis Villares de xeito público, ao igual que o grupo islámico ten feito durante os úlitmos meses cos seus reféns.

Temas: EN MAREA HUMOR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Gamela

Se non sabemos rirnos de nós mesmos, MALO! E non digades que estas votacións con Tres Listas non teñen gracia ningunha a catro meses das eleccións galegas ainda seguen de coña... pois coña teñen !!!

2 Depena

Un chiste, por chamalo dalgún éxito, noxento e sen pizca de gracia. Xa sabemos de que pé coxea iste medio pero iso non xustifica facer calquera cousa ainda que seca en nome dun suposto humor.

1 Titiriteros

Eso a la cárcel con ellos por hacer un humor que no nos gusta. Como el de los titiriteros. A la audiencia nacional!

1 Qué vergoña!!!

Vergonzoso, humillante, ofensivo e desmedido. Logo falan da Coz de Malicia cando en nome dun suposto humor se cae tan baixo.