O BNG pide a Feijóo que "non minta" sobre o rescate da AP-9, que "é posible e legal"

A líder do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, pediu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que "non minta" sobre o rescate da Autoestrada do Atlántico, AP-9, xa que asegurou que "é posible e legal".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2017 | Actualizada ás 18:57 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A líder do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, pediu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que "non minta" sobre o rescate da Autoestrada do Atlántico, AP-9, xa que asegurou que "é posible e legal".

"Se non que nos explique porque é racional que se rescaten as radiais madriñelas, para o que o Estado porá o que faga falta para rescatar unha ruína, e que, ao mesmo tempo, se nos diga que a autoestrada máis rendible non se pode rescatar", asegurou.

Ana Pontón pronunciouse deste modo nunha rolda de prensa celebrada este venres na Cámara galega, onde sinalou que os argumentos de Feijóo "son unha tomadura de pelo" para todos os galegos que cada día teñen que pagar "300.000 euros en peaxes".

Ademais, volveu deixar claro que o BNG non renuncia ao rescate para o público desta autoestrada ao sinalar que "a transferencia é o primeiro paso para conseguir acabar coa navallada das peaxes que cada día ten que pagar 20.000 galegos".

NOVA PETICIÓN

Esta semana, os catro grupos con representación na Cámara galega volveron solicitar ao Goberno central a transferencia desta infraestrutura a través dun novo escrito que elimina as cuestións que motivaron o veto por parte do Executivo estatal ao seu debate no Congreso o pasado mes de outubro.

En concreto, retirouse o prazo máximo de seis meses para o traspaso efectivo da citada autoestrada e ponse por escrito -nunha disposición adicional- que o cambio de titularidade non suporá ningún incremento dos créditos nin diminución dos ingresos previstos nos presupostos estatais en vigor.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta