A Xunta inicia en Fene (A Coruña) os traballos para eliminar 36.000 toneladas de pneumáticos fóra de uso en Galicia

Mato visita os labores de reciclaxe e anuncia que as tarefas proseguirán nos municipios coruñeses das Somozas e A Laracha

Ferrol | 20/01/2017 | Actualizada ás 19:02 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, estimou que "no prazo dunha dezaseis semanas estarán tratadas as 36.000 toneladas, é dicir, a súa totalidade, de pneumáticos fóra de uso que ten a comunidade de Galicia".

Estas manifestacións realizounas Mato en Fene (A Coruña), nas antigas instalacións da empresa Rubber Industrias del Caucho, unha compañía que pechou no ano 2000, e que tiña acumuladas unhas 887 toneladas de pneumáticos para recauchutar e poñer de novo en circulación.

Esta mesma semana a compañía González Couceiro S.L.U. iniciou o proceso de reciclado neste lugar e ao que o seguirán as "cen toneladas que existen nas Somozas (A Coruña) e as 36.000 da Laracha", tras ser esta compañía a adxudicataria dun concurso por 2,7 millóns de euros para realizar esta tarefa.

Na visita para comprobar como se están a realizar estes traballos, Mato estivo acompaña polo alcalde de Fene, Juventino Trigo (BNG). A conselleira destacou que por parte do Goberno da Xunta eran "conscientes da necesidade de reciclar as miles de toneladas de pneumáticos existentes sen tratamento na nosa comunidade" e que están acumulados en "Fene, As Somozas e A Laracha", segundo matizou.

TRAXEDÍA DE SESEÑA

Beatriz Mato tamén apuntou que "Galicia non está a actuar así tras unha traxedia que ten acontecido en Seseña (Toledo)", no que se calcinaron nun incendio miles de pneumáticos.

Ao respecto recordou que foi días antes, "o 4 de maio, cando o Consello da Xunta deu autorización e aproba a licitación deste concurso". "O mesmo día do incendio de Seseña foi publicado no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) e días máis tarde no Diario Oficial de Galicia (DOG)", apostilou.

VALORACIÓN

A titular de Medio Ambiente tamén destacou que á hora de decantarse por un adxudicatario neste proceso administrativo valoraron "o que é máis importante, e non so a oferta económica, senón que é o que se vai facer con estes pneumáticos", xa que o seu tratamento ten que vir acompañado "do respecto polo medio e así o 26 por cento dos residuos serán recuperados e reciclados" e o 74 por cento restante incinerados.

En canto á decisión de iniciar este proceso por Fene, a integrante do Goberno de Alberto Núñez Feijóo explicou que se debeu "basicamente porque é a localización que máis próximo ten vivendas". "E, por iso, quixemos actuar aquí primeiro", sinalou.

Uns traballos que "segundo a empresa se prolongarán durante dous ou tres semanas aquí", segundo explicou, e, posteriormente, se desprazarán ata As Somozas, "para tratar unhas 100 toneladas e rematarán na Laracha, onde temos aproximadamente 34.000 toneladas".

Mato tamén apuntou que o material xerado tras a trituración dos propios pneumáticos no lugar no que se atopan "serán trasladados a distintos xestores, con plantas algunhas delas en Galicia e outras fóra da nosa comunidade, grazas a un proxecto da propia empresa adxudicataria".

SATISFACIÓN MUNICIPAL

Pola súa banda, o alcalde da localidade de Fene, Juventino Trigo, mostrouse "satisfeito porque á fin despois de tantos anos se leven a cabo estes traballos".

A presenza destes restos, segundo dixo o rexedor, "eran un perigo para a seguridade dos veciños, sobre todo, na época de verán, ao estar rodeados de vexetación e existir risco de incendio, con vivendas que están a menos de 50 metros"

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta