O reitor da USC ve a universidade como "unha ágora de debate constante onde sexa posible transmitir o coñecemento"

O reitor da Universidade de Santiago (USC), Juan Viaño, reivindicou este venres que "unha universidade ten que ser unha ágora de debate constante onde sexa posible transmitir o coñecemento da mellor forma posible, garantindo que os profesionais de mañá teñan a mellor formación hoxe".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2017 | Actualizada ás 19:09 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O reitor da Universidade de Santiago (USC), Juan Viaño, reivindicou este venres que "unha universidade ten que ser unha ágora de debate constante onde sexa posible transmitir o coñecemento da mellor forma posible, garantindo que os profesionais de mañá teñan a mellor formación hoxe".

Juan Viaño presidiu a sesión inaugural do congreso da rede nacional de Bioestadística (Biostatnet) no Salón de Actos Nóvoa Santos da Facultade de Medicina en Santiago de Compostela.

Na súa intervención, o reitor destacou o enfoque de este reunión por "lograr sentar na mesma mesa importantes referentes mundiais no mundo da bioestadística con investigadores novos que queren aprender".

"Este enfoque é fundamental para avanzar no coñecemento e probablemente moitos destes investigadores se converterán en relatores de prestixio en poucos anos", comentou.

Biostatnet, segundo indicou a USC, quere ser o núcleo de conexión do persoal investigador de España cun enfoque "flexible, aberto, integrador e interdisciplinario", concretou.

Ao respecto, comentou que se trata dunha rede pioneira no país que consta de oito nodos e case 200 membros liderados por estatísticos universitarios con proxectos propios de investigación, experiencia docente neste campo e colaboración estreita con investigadores biomédicos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta