A Xunta avalía o desenvolvemento dos proxectos 4.0 impulsados por empresas de alimentación lideradas por Clusaga

O director do Igape, Juan Cividanes, participou este venres nun encontro de traballo que tivo por obxecto avaliar a situación dos proxectos que se están a desenvolver, no ámbito da industria 4.0, tres empresas do sector da alimentación que contan coa colaboración e o impulso do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2017 | Actualizada ás 19:21 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O director do Igape, Juan Cividanes, participou este venres nun encontro de traballo que tivo por obxecto avaliar a situación dos proxectos que se están a desenvolver, no ámbito da industria 4.0, tres empresas do sector da alimentación que contan coa colaboración e o impulso do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga).

O encontro do Igape con directivos de Clusaga e das empresas que decidiron inverter neste ámbito -Innolact, Kiwi Atlántico e Adegas Martín Códax- tivo un obxectivo dobre: avaliar os avances no desenvolvemento dos proxectos aprobados no ámbito do concurso de ideas industria 4.0 e facilitar o asesoramento preciso para favorecer a axeitada execución dos investimentos acollidos a este programa pioneiro.

As empresas do sector alimentario acollidas a este programa de axudas están a impulsar a aplicación de novas tecnoloxías intelixentes nos procesos empresariais e a de solucións dixitais nunha liña intelixente de envasado de bebidas, no caso de Martín Códax; de desenvolvemento dun sistema non invasivo para determinar a calidade do froito, no caso de Kiwi Atlántico; e a aplicación de sistemas de automatización no proceso produtivo, no caso de Innolac.

As axudas concedidas pola Consellería de Economía facilitan a mobilización de investimentos 4,0 por importe de 565.000 euros.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta