Aprobadas as expropiacións da nova vía de conexión do polígono de San Cibrao das Viñas coa A-52

A Xunta publica este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) o proxecto de decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo trazado das obras da vía de conexión da A-52 co polígono industrial de San Cibrao das Viñas.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2017 | Actualizada ás 19:29 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Xunta publica este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) o proxecto de decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo trazado das obras da vía de conexión da A-52 co polígono industrial de San Cibrao das Viñas.

O presuposto estimado para as expropiacións é de case 530.000 euros e o de licitación do proxecto de construción ascende 27,4 millóns. A Consellería de Infraestruturas e Vivenda ten prevista a licitación do contrato de obras ao longo do ano 2017, polo que reservou nos presupostos unha partida específica para esta actuación.

O obxectivo desta obra é a construción dunha vía de novo trazado, que contará con 4,5 quilómetros de lonxitude e percorre os termos municipais de San Cibrao das Viñas e de Taboadela.

Unha vez que estea en servizo reducirá o percorrido de conexión coa A-52 nun 66% ao pasar de 11 a 4,5 quilómetros e, adicionalmente, mellorará a conectividade coa autovía de Celanova.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta