A Xunta inicia as obras da rede de camiños da concentración parcelaria de Vilasantar (A Coruña)

As obras da rede de camiños da concentración parcelaria de San Vicenzo de Curtis, en Vilasantar (A Coruña), nas que a Xunta inverterá máis de 1,56 millóns de euros, arrancaron este venres.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2017 | Actualizada ás 19:32 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

As obras da rede de camiños da concentración parcelaria de San Vicenzo de Curtis, en Vilasantar (A Coruña), nas que a Xunta inverterá máis de 1,56 millóns de euros, arrancaron este venres.

Ata o lugar desprazouse, segundo un comunicado difundido polo Goberno galego, o delegado territorial, Ovidio Rodeiro, en compañía do alcalde, Fernando Pérez Fernández.

En concreto, conforme aos datos facilitados polo Executivo autonómico, a nova rede, de 45 camiños, conta con 26,7 quilómetros de lonxitude (11,7 deles de novo trazado) para dar acceso aos terreos destinados a labradío, prado e monte.

Ademais, a Xunta apuntou que a superficie total da zona de actuación é de 1.112 hectáreas e conta con 3.666 parcelas pertencentes a 469 propietarios. En canto aos terreos resultantes, terán unha media de 23.700 metros cadrados.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta