Falece unha muller por un escape de gas na súa vivenda de Crecente (Pontevedra)

Unha muller faleceu por intoxicación na súa vivenda da localidade pontevedresa de Crecente logo de que a vítima deixase aberto o gas de forma accidental, segundo informou o CAE 112 Galicia.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2017 | Actualizada ás 19:41 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha muller faleceu por intoxicación na súa vivenda da localidade pontevedresa de Crecente logo de que a vítima deixase aberto o gas de forma accidental, segundo informou o CAE 112 Galicia.

O suceso aconteceu en torno ás 13,20 horas deste venres nunha casa situada no lugar do Outeiro da parroquia de Albeos.

Urxencias Médicas puxo o caso en coñecemento do 112 Galicia que, á súa vez, alertou aos Bombeiros de Ponteareas e á Garda Civil, así como a empresa responsable da subministración de gas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta