Aimen e Copo poñen en marcha unha unidade mixta de investigación para mellorar a fabricación de pezas para automoción

Este proxecto ten unha duración de 4 anos e un presuposto total de 2,8 millóns de euros, cofinanciados pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación e co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e fondos europeos. Nesta unidade mixta traballarán 30 persoas, entre as oficinas de Aimen e as de CETEC (o centro tecnolóxico do grupo Copo).

VIGO | 20/01/2017 | Actualizada ás 20:01 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Centro Tecnolóxico Aimen e Copo Galicia presentaron este venres unha nova unidade mixta de investigación, HIGHPPE, que ten como obxectivo mellorar a fabricación de pezas de polipropileno expandido (EPP) para a industria da automoción.

Este proxecto ten unha duración de 4 anos e un presuposto total de 2,8 millóns de euros, cofinanciados pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación e co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e fondos europeos. Nesta unidade mixta traballarán 30 persoas, entre as oficinas de Aimen e as de CETEC (o centro tecnolóxico do grupo Copo).

O polipropileno expandido é un material que está a experimentar un importante crecemento no que respecta ao seu uso no sector da automoción, polo seu potencial como substituto de metais e outros polímeros, pola súa gran lixeireza e alta resistencia.

Entre as pezas fabricadas con EPP hai paneis de portas, defensas frontais ou partes dos asentos de vehículos, pero tamén pode empregarse noutras industrias, como o sector naval, o aeronáutico, a construción, a loxística ou a seguridade.

No caso da unidade HIGHPPE, baseará a súa actividade en tres liñas de investigación: o desenvolvemento de novas formulacións para materiais EPP con propiedades á medida, mediante a incorporación de nanopartículas e nanotubos de carbono; optimización do proceso de fabricación destes materiais; e desenvolvemento de novos produtos híbridos realizados a partir de EPP e en combinación con outros materiais como metal, plástico ou téxtil.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta