COR- A Xunta inicia en Fene (A Coruña) os traballos para eliminar 36.000 toneladas de pneumáticos fóra de uso en Galicia

(Rogamos modifiquen a información co mesmo titular pola que segue, por un erro no prazo de tratamento dos pneumáticos no primeiro parágrafo: son 16 meses e non 16 semanas. Desculpen as molestias).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2017 | Actualizada ás 20:09 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, estimou que "no prazo de 16 meses estarán tratadas as 36.000 toneladas, é dicir, a súa totalidade, de pneumáticos fóra de uso que ten a comunidade de Galicia".

Estas manifestacións realizounas Mato en Fene (A Coruña), nas antigas instalacións da empresa Rubber Industrias del Caucho, unha compañía que pechou no ano 2000, e que tiña acumuladas unhas 887 toneladas de pneumáticos para recauchutar e poñer de novo en circulación.

Esta mesma semana a compañía González Couceiro S.L.U. iniciou o proceso de reciclado neste lugar e ao que o seguirán as "cen toneladas que existen nas Somozas (A Coruña) e as 36.000 da Laracha", tras ser esta compañía a adxudicataria dun concurso por 2,7 millóns de euros para realizar esta tarefa.

Na visita para comprobar como se están a realizar estes traballos, Mato estivo acompaña polo alcalde de Fene, Juventino Trigo (BNG). A conselleira destacou que por parte do Goberno da Xunta eran "conscientes da necesidade de reciclar as miles de toneladas de pneumáticos existentes sen tratamento na nosa comunidade" e que están acumulados en "Fene, As Somozas e A Laracha", segundo matizou.

TRAXEDÍA DE SESEÑA

Beatriz Mato tamén apuntou que "Galicia non está a actuar así tras unha traxedia que ten acontecido en Seseña (Toledo)", no que se calcinaron nun incendio miles de pneumáticos.

Ao respecto recordou que foi días antes, "o 4 de maio, cando o Consello da Xunta deu autorización e aproba a licitación deste concurso". "O mesmo día do incendio de Seseña foi publicado no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) e días máis tarde no Diario Oficial de Galicia (DOG)", apostilou.

VALORACIÓN

A titular de Medio Ambiente tamén destacou que á hora de decantarse por un adxudicatario neste proceso administrativo valoraron "o que é máis importante, e non so a oferta económica, senón que é o que se vai facer con estes pneumáticos", xa que o seu tratamento ten que vir acompañado "do respecto polo medio e así o 26 por cento dos residuos serán recuperados e reciclados" e o 74 por cento restante incinerados.

En canto á decisión de iniciar este proceso por Fene, a integrante do Goberno de Alberto Núñez Feijóo explicou que se debeu "basicamente porque é a localización que máis próximo ten vivendas". "E, por iso, quixemos actuar aquí primeiro", sinalou.

Uns traballos que "segA Xunta inicia en Fene (A Coruña) os traballos para eliminar 36.000 toneladas de pneumáticos fóra de uso en Galicia

Mato visita os labores de reciclaxe e anuncia que as tarefas proseguirán nos municipios coruñeses das Somozas e A Laracha

FERROL, 20 (EUROPA PRESS)

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, estimou que "no prazo dunha dezaseis semanas estarán tratadas as 36.000 toneladas, é dicir, a súa totalidade, de pneumáticos fóra de uso que ten a comunidade de Galicia".

Estas manifestacións realizounas Mato en Fene (A Coruña), nas antigas instalacións da empresa Rubber Industrias del Caucho, unha compañía que pechou no ano 2000, e que tiña acumuladas unhas 887 toneladas de pneumáticos para recauchutar e poñer de novo en circulación.

Esta mesma semana a compañía González Couceiro S.L.U. iniciou o proceso de reciclado neste lugar e ao que o seguirán as "cen toneladas que existen nas Somozas (A Coruña) e as 36.000 da Laracha", tras ser esta compañía a adxudicataria dun concurso por 2,7 millóns de euros para realizar esta tarefa.

Na visita para comprobar como se están a realizar estes traballos, Mato estivo acompaña polo alcalde de Fene, Juventino Trigo (BNG). A conselleira destacou que por parte do Goberno da Xunta eran "conscientes da necesidade de reciclar as miles de toneladas de pneumáticos existentes sen tratamento na nosa comunidade" e que están acumulados en "Fene, As Somozas e A Laracha", segundo matizou.

TRAXEDÍA DE SESEÑA

Beatriz Mato tamén apuntou que "Galicia non está a actuar así tras unha traxedia que ten acontecido en Seseña (Toledo)", no que se calcinaron nun incendio miles de pneumáticos.

Ao respecto recordou que foi días antes, "o 4 de maio, cando o Consello da Xunta deu autorización e aproba a licitación deste concurso". "O mesmo día do incendio de Seseña foi publicado no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) e días máis tarde no Diario Oficial de Galicia (DOG)", apostilou.

VALORACIÓN

A titular de Medio Ambiente tamén destacou que á hora de decantarse por un adxudicatario neste proceso administrativo valoraron "o que é máis importante, e non so a oferta económica, senón que é o que se vai facer con estes pneumáticos", xa que o seu tratamento ten que vir acompañado "do respecto polo medio e así o 26 por cento dos residuos serán recuperados e reciclados" e o 74 por cento restante incinerados.

En canto á decisión de iniciar este proceso por Fene, a integrante do Goberno de Alberto Núñez Feijóo explicou que se debeu "basicamente porque é a localización que máis próximo ten vivendas". "E, por iso, quixemos actuar aquí primeiro", sinalou.

Uns traballos que "segundo a empresa se prolongarán durante dous ou tres semanas aquí", segundo explicou, e, posteriormente, se desprazarán ata As Somozas, "para tratar unhas 100 toneladas e rematarán na Laracha, onde temos aproximadamente 34.000 toneladas".

Mato tamén apuntou que o material xerado tras a trituración dos propios pneumáticos no lugar no que se atopan "serán trasladados a distintos xestores, con plantas algunhas delas en Galicia e outras fóra da nosa comunidade, grazas a un proxecto da propia empresa adxudicataria".

SATISFACIÓN MUNICIPAL

Pola súa banda, o alcalde da localidade de Fene, Juventino Trigo, mostrouse "satisfeito porque á fin despois de tantos anos se leven a cabo estes traballos".

A presenza destes restos, segundo dixo o rexedor, "eran un perigo para a seguridade dos veciños, sobre todo, na época de verán, ao estar rodeados de vexetación e existir risco de incendio, con vivendas que están a menos de 50 metros"

undo a empresa se prolongarán durante dous ou tres semanas aquí", segundo explicou, e, posteriormente, se desprazarán ata As Somozas, "para tratar unhas 100 toneladas e rematarán na Laracha, onde temos aproximadamente 34.000 toneladas".

Mato tamén apuntou que o material xerado tras a trituración dos propios pneumáticos no lugar no que se atopan "serán trasladados a distintos xestores, con plantas algunhas delas en Galicia e outras fóra da nosa comunidade, grazas a un proxecto da propia empresa adxudicataria".

SATISFACIÓN MUNICIPAL

Pola súa banda, o alcalde da localidade de Fene, Juventino Trigo, mostrouse "satisfeito porque á fin despois de tantos anos se leven a cabo estes traballos".

A presenza destes restos, segundo dixo o rexedor, "eran un perigo para a seguridade dos veciños, sobre todo, na época de verán, ao estar rodeados de vexetación e existir risco de incendio, con vivendas que están a menos de 50 metros"

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta