Temas: EN MAREA MAREAS

En Marea agarda unha alta participación nas eleccións para o Consello das Mareas

Comezan "con normalidade" as eleccións internas de En Marea para escoller as 35 persoas que integrarán o máximo órgano de decisión do partido instrumental entre asembleas e do que sairá a nova coordinadora. O papel que desempeñará Luís Villares, no aire.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2017 | Actualizada ás 11:13

Comparte esta noticia

As eleccións internas de En Marea para escoller as 35 persoas que integrarán o Consello das Mareas, o máximo órgano de decisión do partido instrumental entre asembleas e do que sairá a nova coordinadora, comezaron este sábado "con normalidade". Así o confirmaron fontes do comité electoral, que explicaron que todo o sistema de votación está "en marcha" dende as 9.00 horas deste sábado e vai "todo ben". As mesmas fontes destacaron que esperan unha "alta participación" neste proceso, que concluirá ás 9.00 horas do próximo luns día 23.

Ferreiro, Villares e Beiras nun plenario de En Marea
Ferreiro, Villares e Beiras nun plenario de En Marea | Fonte: Xurxo Guitián

Unha vez conclúan os comicios, procederase a realizar un "control antifraude", segundo concretaron fontes do comité electoral, co fin de ratificar que non houbo "ningún rexistro estrano" nos servidores, tras o que se procederá ao cruzamento de datos e reconto.

TRES CANDIDATURAS

Nestes comicios internos compiten un total de tres candidaturas. Os resultados provisionais daranse a coñecer o mesmo luns, pero a constitución do órgano non se celebrará ata o sábado día 28.

Así, concorren ao proceso interno a lista 'Máis Alá', encabezada polo actual voceiro parlamentario Luís Villares; a candidatura 'Somos Quen', capitaneada polo deputado Davide Rodríguez e formada con xente afín a Anova; así como 'Queremos Particitar', composta por persoas vinculadas a Cerna como a ex-deputada Consuelo Martínez, a actual parlamentaria Paula Vázquez Verao ou o veterano nacionalista Mario López Rico.

A principal incógnita que se resolverá tras este proceso interno será se Luís Villares poderá compaxinar a portavocía parlamentaria coa orgánica toda vez que o documento asociado á súa propia candidatura veta que o maxistrado lucense poida compatibilizar o seu labor na Cámara galega coa de voceiro do partido político.

Esta postura incluída no documento de 'Máis Alá!' contrasta, non en tanto, coa das outras dúas listas que tamén se presentaron aos comicios internos. Este feito, sumado ao regulamento das eleccións internas, fai que tecnicamente o voceiro parlamentario de En Marea tamén o poida ser do partido que se constituíu en xullo de 2015 na asemblea de Vigo.

COMPOSICIÓN DO CONSELO

Segundo o regulamento deste proceso, o Consello das Mareas será proporcional aos resultados obtidos polas distintas listas, de tal forma que serán proclamadas electas as persoas que ocupen, segundo a orde da candidatura presentada, os postos que a cada unha lle correspondan conforme á repartición proporcional pura.

As persoas que posúan a condición de membro do órgano executivo a nivel autonómico de dirección dunha organización política ou ocupen unha responsabilidade executiva nesta, poderán concorrer ás eleccións ao Consello pero non poderán formar parte do seu órgano executivo ou coordinador.

Así mesmo, os representantes institucionais de ámbito autonómico ou estatal non poderán superar o 20% do conxunto deste órgano. Ademais, as persoas que ostenten a condición de voceiros dos grupos parlamentarios formarán parte con voz e sen voto neste órgano mentres ostenten a devandita condición.

Pola súa banda, a coordinadora será elixida polo Consello das Mareas tendo en conta a proporcionalidade dos resultados das listas presentadas. Nela tamén participarán os voceiros en Parlamento de Galicia e no Congreso, tamén con voz pero sen voto.

Temas: EN MAREA MAREAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

7 Gamela

Tres eran tres al fillas da Helena.... pois nada a seguir de elección en elección ata a DERROTA FINAL.... mentres tanto o benestar da xente impórtalles un carallo (agora seica teñen calefacción e da boa!) // Se tivesemos un chisco de sentidiño estaríamos a REBENTAR de comentarios esta ILP que teñen no frigo da cámara galega mentres andan de Congresos i Exposicións (FITUR) http://www.parlamentodegalicia.es/s...

6 arzuacapital

vaia fricada e rollito podre se traen os de Máis alá con toda esa "cartelería" infantiloide de debuxos e frases do rollito manga. Nivelón. Fume 2.0 Que ridículos resultan.

5 trovador galego

e todo voto do vello da inmundicia, están colocando o tontainas de -villanías como xefe de podreiros pola porta de atrás chamada a nova age de enmarea ... NA FOTO OS PODEN VER VOTANDO TODOS O MESMO... ASI SE ENTENDE A DEMOCRACIA DO VELLO

4 Mazaira

Viva Palleiro de Chantada, é o grande heróe desta campaña, adiante palleiro, que ti podes,

3 GALAXY QUEST

digan a verdade mais de 1.500 persoas foron dadas de baixa de podreiros... de feito agora na sociedade tola podreiros S.A. soamente quedan 1.300 persoas e cen delas polo menos son anovados... AUTENTICOS SUBMARINOS DO VELLO -VIEIRAS

1 Fente

Gustariame que explicaras mellor o que comentas, en serio, non me entero de nada do que queres decir. ¿Quenes foron dados de baixa?, ¿quenes son os de podreiros?....