Piñeiro: “Compromiso ten que ser o facho de ilusión dos galegos e galegas”

CxG elixiu novo secretario xeral no II Congreso Nacional celebrado este sábado en Teo.

Por Galicia Confidencial | Teo | 21/01/2017 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

O novo secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro, reivindicou que a formación galeguista "ten que ser o facho de ilusión dos galegos e galegas que creen no futuro do país".

Juan Carlos Piñeiro, no seu discurso de investidura como secretario xeral de Compromiso por Galicia
Juan Carlos Piñeiro, no seu discurso de investidura como secretario xeral de Compromiso por Galicia | Fonte: CxG.

Despois de ser elixido novo líder de CxG, Piñeiro Docampo manifestou que este partido "vai facer política con sentidiño, fiscalizando o labor das administracións e propoñendo solucións para os numerosos problemas de Galicia”. Estas foron as súas primeiras palabras como novo secretario xeral do partido, no II Congreso Nacional celebrado este sábado en Teo baixo o lema “Renovando o galeguismo. Nova organización. Novas accións”.

Os militantes tamén elixiron aos seus representantes no Consello Político Nacional, que estará formado por 30 persoas (15 homes e 15 mulleres). Ademais tamén se debateron varias emendas.

O secretario xeral saínte, Xoán Bascuas, deu lectura ao informe de xestión, que foi aprobado por unanimidade e arroupado polos aplausos dos asistentes.

O Congreso Nacional contou ademais coa presenza de José María Cazalis, senador e membro da executiva do Partido Nacionalista Vasco (PNV), con que CxG mantén unha estreita relación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

9 Paulaner

Así que es cierto que podeis pactar con el PP? Banda de derechosos

8 Gerónimo

CxG es el disparate más grande que estamos viviendo en la política gallega desde la instauración de la democracia. Son fanáticos conservadores, apoyan a Trump y aún hay cuatro tntos que les hacen caso.

7 Gumersindo Genaro

O partido dos caciques centristas Cuiña, Vello...noxo. Están a favor do capitalismo. Ensucian o galeguismo.

6 Pascual

Estes galeguistas non os controlo. Pero deben traballar con pilas duracell...y duran, yduran...pregúntome quén os financia?

5 Galiza sera Galiza

Teñen que xuntarse co BNG para que este poda centrarse e volta a achegarse as masas de cidadans, o BNG necesita a CxG e CxG necesita o BNG o nacionalismo galego ten que xuntarse, e o mellor que pode pasar, pero CxG e bloque foron engañados por -VIEIRISMO ATOLEADO que caeu en expaña en podreiros, CxG foi doblemente engañado un-ha vez e outra vez, foron golpeados dramáticamente producindose situacions horrendas de bestialismo de -vieirismo criminal contra a Galiza

1 Xanti

Mimá... Non será mais doado pensar que se o BNG se fracturou algunha culpa terá a U??? E que sodes perfectos eh, ninguén pode discutir convosco

2 Pascual

Acho que CxG naceu mioritariamente dunha escisión do BNG, mais o que quedaba do BNG foise marchando axiñamente. Xa non cheira a BNG, son automistas. Un partido que non controlo nin contemplo.