Piñeiro, novo secretario xeral de CxG, defende que o seu partido "ten que ser o facho de ilusión dos galegos"

O novo secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro, reivindicou que o seu partido "ten que ser o facho de ilusión" dos galegos e galegas.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2017 | Actualizada ás 19:40 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O novo secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro, reivindicou que o seu partido "ten que ser o facho de ilusión" dos galegos e galegas.

Así se pronunciou Piñeiro tras ser elixido secretario xeral do partido, cargo ocupado ata o momento por Xoán Bascuas. "Compromiso vai facer política con sentidiño, fiscalizando o labor das administracións e propoñendo solucións para os numerosos problemas de Galicia", subliñou.

Tal e como indicou CxG nun comunicado, estas foron as primeiras palabras de Juan Carlos Piñeiro como secretario xeral da formación no II Congreso Nacional celebrado este sábado en Teo baixo o lema 'Renovando o galeguismo. Nova organización. Novas accións'.

Os militantes tamén elixiron os seus representantes no Consello Político Nacional, que estará formado por 30 persoas --15 homes e 15 mulleres--. Ademais, tamén se debateron varias emendas.

O secretario xeral saínte, Xoán Bascuas, quen foi arroupado polos aplausos dos asistentes, deu lectura ao informe de xestión, que foi aprobado por unanimidade.

O Congreso Nacional contou coa presenza do senador e membro da executiva do PNV, José María Cazalis.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta