O grupo de jazz galego Sumrrá actuará este domingo na Casa das Crechas de Santiago

O grupo de jazz galego Sumrrá actuará este domingo, día 22 de xaneiro, a partir das 22,20 horas na Casa das Crechas de Santiago de Compostela.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2017 | Actualizada ás 07:13 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O grupo de jazz galego Sumrrá actuará este domingo, día 22 de xaneiro, a partir das 22,20 horas na Casa das Crechas de Santiago de Compostela.

Segundo informa a organización, trátase do regreso de Sumrrá "á súa residencia dominical". "O trío de jazz prepara moitas sorpresas para esta noite na que repasará as músicas máis representativas dos seus cinco álbums", engadiu.

Sumrrá está formado polo pianista Manuel Gutiérrez, o contrabaixista Xacobe Martínez e o batería L.A.R. Legido. A formación obtivo o Premio Galego da Música 2014 ao mellor grupo de jazz.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta