Os pedidos da industria soben en novembro de 2016 en Galicia un 0,2% con respecto a 2015

Os pedidos da industria subiron en novembro de 2016 en Galicia un 0,2% con respecto ao mesmo mes do ano anterior. Aínda que é das 14 comunidades autónomas nas que se incrementou este índice, é a que, delas, presenta un menor incremento.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2017 | Actualizada ás 12:17 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Os pedidos da industria subiron en novembro de 2016 en Galicia un 0,2% con respecto ao mesmo mes do ano anterior. Aínda que é das 14 comunidades autónomas nas que se incrementou este índice, é a que, delas, presenta un menor incremento.

Concretamente, a comunidade na que se experimentou a maior suba é en Aragón, cun 22,2%; seguida de Castilla e León, cun 14,3% e de Extremadura, cun 14%.

No lado contrario da táboa atópase País Vasco, cun descenso do 4%. Ademais, tamén tiveron unha evolución negativa en novembro de 2016 con respecto ao mesmo mes do ano anterior as comunidades de Madrid (-0,1%) e La Rioja (-0,2%).

No conxunto do Estado, os pedidos da industria incrementáronse un 6,9% en novembro en taxa interanual, impulsado polos avances dos bens de consumo duradeiro (+9,2%), os bens de equipo (+8,3%), os bens de consumo non duradeiro (+7,7%), os bens intermedios (+6%9 e a enerxía (+2,8%).

Ademais, as entradas de pedidos progresaron un 0,3% en novembro respecto ao mes anterior, fronte ao repunte mensual do 3,1% que experimentaron en outubro e o avance do 0,7% dun ano antes.

Por sectores industriais, os bens de consumo duradeiro foi o que máis elevou as súas vendas en novembro, cun avance interanual do 10%, situándose detrás os bens de consumo non duradeiro (+7,9%), os bens de equipo (+6%), os bens intermedios (+5,9%) e a enerxía (+2,9%).

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta