O secretario xeral en funcións da CEG ve ao candidato Antón Arias "unha persoa con talante negociador importante"

O secretario xeral en funcións da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Jaime López, destacou este luns do único candidato a presidir a patronal galega, o coruñés Antón Arias, que é "unha persoa cun talante negociador importante".

LUGO | 23/01/2017 | Actualizada ás 12:59 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O secretario xeral en funcións da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Jaime López, destacou este luns do único candidato a presidir a patronal galega, o coruñés Antón Arias, que é "unha persoa cun talante negociador importante".

"É unha persoa que non é descoñecida para a organización empresarial. É unha persoa cun talante negociadora importante, que levou as rendas da organización en todo o que se refire a relacións laborais e, ademais, cuns resultados exitosos", reafirmou.

López defendeu que "ten unha bagaxe empresarial moi importante" e, polo tanto, afirmou que "é unha boa persoa dende o punto de vista do perfil para levar adiante a CEG".

O tamén secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) manifestou que o venres se elixe o presidente da patronal galega, polo que "se fixarán posicións".

Así mesmo, Jaime López recordou que "a Confederación da Coruña propúxoo como candidato a través dos seus órganos de goberno". "Entendo que ten o respaldo unánime desa organización", apostilou.

En Lugo, segundo puntualizou, falarano nos seus "órganos de goberno". "En principio é o único candidato", abundou. "Un debate do non por o non, non ten sentido dende o momento en que unha persoa ten a valentía de poñerse á fronte dunha candidatura para presidir a CEG na situación en que está", esgrimiu.

"Cremos que xa é aval abondo para avalalo porque, ademais, non existe outra opción", concluíu.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta