Barreiro (PP) cre que a Conferencia de Presidentes avanzou para converter o Senado en cámara de debate territorial

O voceiro do Partido Popular na Cámara alta, José Manuel Barreiro, considerou que a Conferencia de Presidentes autonómicos celebrada a pasada semana supuxo "un avance" para converter o Senado nunha "cámara de debate territorial".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2017 | Actualizada ás 14:06 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O voceiro do Partido Popular na Cámara alta, José Manuel Barreiro, considerou que a Conferencia de Presidentes autonómicos celebrada a pasada semana supuxo "un avance" para converter o Senado nunha "cámara de debate territorial".

José Manuel Barreiro pronunciouse deste modo nunha entrevista concedida á Radio Galega, na que asegurou que este evento "marcou un antes e un despois" no funcionamento da institución xa que, "por primeira vez, se alcanzaron acordos concretos sobre financiamento, demografía, violencia de xénero ou educación".

Sobre esta cuestión, o voceiro popular tamén explicou que, a pesar de que non participaran no cumio Íñigo Urkullo e Carles Puigdemont, o pobo vasco e o catalán "estiveron representados a través do presidente do Goberno, Mariano Rajoy" e mostrou o seu desexo de que na resolución dos acordos da Conferencia haxa representantes de ambos os dous gobernos.

Por outra banda, preguntado sobre o próximo Congreso que o Partido Popular celebrará os próximos días 10,11 e 12 de febreiro, Barreiro asegurou que "sería bo para España" que Mariano Rajoy seguise sendo o candidato do PP. "Gobernou no momento máis difícil; é unha persoa que ten acreditados os seus valores e é bo que siga traballando polo benestar do país", sinalou.

PAPEL DE COSPEDAL

Na súa intervención, tamén se referiu á traxectoria da actual secretaria do Partido Popular e ministra de Defensa, María Dolores de Cospedal. "Ten acreditada a súa capacidade e o seu compromiso co partido", argumentou para asegurar que é a Rajoy a quen lle corresponde decidir se continúa á fronte da Secretaría Xeral do partido aínda que sinalou que a súa opinión "é favorable" ao considerar que "a avala o seu traballo".

Ademais, puxo en valor o traballo do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao destacar que o seu mandato está a ser bo para "o papel de Galicia no mundo". "Feijóo terá todo o meu modesto apoio porque demostrou que está capacitado e é unha persoa na que creo", subliñou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta