Temas: VACA

As explotacións cárnicas afrontan non pagamentos “de ata tres millóns de euros”

O sindicato Unións Agrarias está a tramitar "varias demandas para tratar de recuperar as cantidades que se lle deben aos gandeiros".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2017 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

O sindicato Unións Agrarias denunciou que as explotacións cárnicas galegas afrontan non pagamentos que poden alcanzar "ata os tres millóns de euros". En concreto, o sindicato está a tramitar "varias demandas para tratar de recuperar as cantidades que se lle deben aos gandeiros por parte dunha sala de despezamento da provincia de Lugo que xa se atopa en concurso de acredores". Polo tanto, Unións Agrarias solicitou manter unha reunión coa directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén Docampo, para "abordar a situación".

Vacas cachenas da Facenda O Agro no monte.
Vacas cachenas da Facenda O Agro no monte.

Así, recordou que o sector se enfronta a un momento "realmente perigoso" ante a "sobre oferta de carne de vacún" derivada de que "moitas explotacións de leite" decidiron pasarse á carne debido aos problemas de viabilidade do sector lácteo.

A isto hai que sumarlle que, como apunta a organización sindical, "o prezo do quilo de carne en orixe non chega aos 5 euros, co que dificilmente se poden cubrir custos".

"O sector do gando de carne en Galicia é vital para manter activos economicamente moitos pobos que pola súa situación en zonas de montaña ou en bisbarras desfavorecidas non dispoñen doutra alternativa económica", asegurou Unións, que recorda que estas explotacións tamén actúan como "barreira para manter a biodiversidade e evitar o abandono e a proliferación de incendios".

Temas: VACA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta