Detido un veciño de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) reincidente por un roubo con forza nun local hostaleiro

Axentes do Corpo Nacional de Policía adscritos á Comisaría de Vilagarcía de Arousa detiveron un veciño desta localidade pontevedresa reincidente por un roubo con forza nun establecemento hostaleiro.

PONTEVEDRA | 23/01/2017 | Actualizada ás 16:00 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Axentes do Corpo Nacional de Policía adscritos á Comisaría de Vilagarcía de Arousa detiveron un veciño desta localidade pontevedresa reincidente por un roubo con forza nun establecemento hostaleiro.

Segundo informou a Comisaría de Pontevedra, o pasado día 19 foi detido un home de 40 anos de idade, veciño de Vilagarcía de Arousa, como presunto autor dun delito de roubo con forza no interior dun establecemento hostaleiro da zona.

O detido está considerado un dos "máis activos", segundo precisan as mesmas fontes policiais, desta localidade, "cuxa especialidade é tanto os roubos con forza" en vivendas", sobre todo en casas unifamiliares dos arredores.

A Policía indicou que chama ás vivendas coa escusa de solicitar unha axuda ou esmola e, no caso de se asegurar de que non se atopa ninguén dentro, "accede ao interior forzando ventás ou aproveitando calquera acceso aberto así como en bares, nos que centra a súa acción sobre as máquinas expendedoras e comecartos", segundo o relato policial.

A Policía Nacional destacou que no ano 2016 foi detido en 12 ocasións. O individuo pasou a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Vilagarcía, en funcións de garda, que decretou a súa posta en liberdade.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta