Villares confía en que "o proceso de confluencia saia fortalecido" tras as primarias ao Consello das Mareas

O voceiro parlamentario de En Marea, Luís Villares, mostrou a súa confianza en que "o proceso de confluencia saia fortalecido" tras as primarias ao Consello das Mareas, órgano máximo de dirección de En Marea.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2017 | Actualizada ás 16:46 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O voceiro parlamentario de En Marea, Luís Villares, mostrou a súa confianza en que "o proceso de confluencia saia fortalecido" tras as primarias ao Consello das Mareas, órgano máximo de dirección de En Marea.

Así o indicou horas antes de que se dean a coñecer os resultados provisionais do proceso de votación, que se pechou ás 9,00 horas deste luns. Ás 18,00 horas, o comité electoral comparecerá ante os medios en Santiago para informar sobre o proceso.

A preguntas dos medios antes de participar no acto de celebración do patrón da Facultade de Dereito de Santiago, Villares indicou que o reconto de votos rematará "no mediodía" deste luns e que os resultados provisionais que se darán a coñecer pola tarde estarán "pendentes das reclamacións que poida haber".

Así, "nos próximos días" pecharase a configuración definitiva do Consello das Mareas, a constitución das cales está prevista para a xornada do próximo sábado día 28.

"Esperamos que a consecuencia disto o proceso de confluencia saia fortalecido para loitar en defensa dos intereses do noso país, que é o que necesitamos", trasladou o maxistrado en excendencia.

PROCESO E LIDERADO

A elección do Consello das Mareas -que, unha vez constituído, deberá escoller ao membros da coordinadora do partido instrumental- realizouse a través de votacións telemáticas, un sistema que, segundo Villares, "aínda está en proceso de experimentación" pero no que En Marea é "pioneiro".

"Xa o fixemos en agosto cun proceso participado moi activamente por toda a xente que simpatizaba con En Marea e esperamos que agora sexa igual", manifestou.

Interpelado sobre as diferenzas nos partidos que apoian En Marea sobre como debe articularse o liderado do partido instrumental, Villares volveu incidir en que "as referencialidades nin as dá nin as quita o papel". "As referencialidades gáñanse co traballo diario", apostilou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta