A alcaldesa de Lugo defende que o proceso para liderar o PSOE "non se trata de ir contra ninguén"

A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, defendeu este luns que o proceso do PSOE para decidir o seu liderado "non se trata de ir contra ninguén".

LUGO | 23/01/2017 | Actualizada ás 16:52 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, defendeu este luns que o proceso do PSOE para decidir o seu liderado "non se trata de ir contra ninguén".

En canto á única candidatura que se presentou, a de Patxi López, valorou: "Vaia por diante todo o meu respecto e a miña admiración por dar ese paso importante nun momento complicado". Non obstante, Lara Méndez, quixo deixar claro que "non se trata de ir contra ninguén, cada un terá a súa predilección".

A quen apoiará revelarao cando o "haxa que manifestar, que será nos congresos, ou nas primarias se hai máis dun candidato". "Non se trata de ir contra ninguén, senón que cada un se posicione con quen cre que mellor o representa", resolveu.

Estas declaracións realizounas antes da asemblea local convocada polos socialistas de Lugo para analizar na tarde deste luns a situación do partido.

Lara Méndez destacou a "normalidade" con que funciona o PSOE en Lugo, malia "a situación actual no partido, que é excepcional dado esas figuras itinerantes que se teñen coas xestoras, que tiñan que ser transitorias e se están a alongar no tempo". "Aínda que agora temos un calendario para a celebración dos congresos que é o importante", resaltou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta