O colectivo LGTBI galego denuncia a pasividade da Xunta ante a campaña homofóbica de Hazte Oír

Expresan a súa "fonda preocupación pola falla de resposta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria" ante a distribución en colexios de todo o país dun panfleto que incita ao odio contra as persoas LGTBI.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2017 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

O colectivo LGTBI galego vén de manifestar a súa "inquedanza, malestar e preocupación" pola pasividade amosada pola Xunta de Galicia ante a campaña homofóbica que desenvolveu a organización utracatólica Hazte Oír en colexios galegos.

Imaxe de portada de '¿Sabes lo que quieren enseñarle a tu hijo en tu colegio? Las leyes de adoctrinamiento sexual', panfleto propagandístico que Hazte Oír repartiu por colexios contra a diversidade sexual.
Imaxe de portada de '¿Sabes lo que quieren enseñarle a tu hijo en tu colegio? Las leyes de adoctrinamiento sexual', panfleto propagandístico que Hazte Oír repartiu por colexios contra a diversidade sexual.

Nun manifesto asinado por representantes de ARELAS (asociación de familias de menores trans), Asociación Nós Mesmas, ALAS A Coruña, ULTREIA e CASCO, os colectivos LGTBI de Galicia volven denunciar o panfleto que Hazte Oír distribuíu por centros escolares de todo o país co título '¿Sabes lo que le quieren enseñar a tus hijos en el colegio?'.

Os colectivos galegos LGTBI xa denunciaron esta campaña de Hazte Oír o pasado mes de decembro, cando lle remitiron a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Valedora do Pobo un escrito conxunto no que manifestaba a súa "fonda preocupación e máximo rexeitamento ás afirmacións vertidas por Hazte Oír", cuxas mensaxes "son contrarias aos valores contidos no noso ordenamento xurídico e incita ós delitos de odio por motivo de orientación e identidade sexual", alertan as organizacións LGTBI, que inciden en que "neste panfleto se agrede duramente a educación no respecto á diversidade sexual e de xénero e vértense afirmacións incertas sobre as leis para a igualdade LGTBI, aprobadas en varias comunidades autónomas", entre elas Galicia coa Lei 2/2014,de 14 de abril.

Os colectivos LGTBI veñen denunciando ademais que o texto distribuído por Hazte Oír "pretende crear unha alarma inxustificada entre as familias do alumnado e entre a comunidade educativa en xeral, deostando -con argumentos ideolóxicos e discriminatorios- á comunidade LGTBI, a que acusa de forma absolutamente inxustificada, de querer causar un grave dano ó alumnado".

Mes e medio despois de poñer sobre aviso á Xunta e a Valedora do Pobo, as entidades LGTBI non obtiveron resposta ninguna da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e malia que o PSOE e En Marea presentaron no Parlamento galego proposicións non de lei nas que se instaba á Consellería de Educación a "tomar as medidas necesarias para retirar os folletos" e "se comunicara con carácter urxente a todos os centros galegos sostidos ou apoiados con fondos públicos a prohibición de difundir entre o alumnado e a comunidade educativa o citado panfleto polo seu ataque directo ás liberdades e dereitos fundamentais" das persoas LGTBI.

"Non só non se actuou de ninguna maneira nos centros educativos, tal e como pedíamos", senón que "o Partido Popular de Galicia votou en contra, a pesar de ter cualificado o folleto como «lixo», polo que entenemos que non comparte o contido do folleto distribuído pola entidade ultraconservadora Hazte Oír, que de maneira inequívoca incita ós delitos de odio por motivo de orientación e identidade sexual e trata de crear unha alarma inxustificada entre as familias do alumnado e entre a comunidade educativa en xeral, deostando -con argumentos ideolóxicos e discriminatorios- á comunidade LGTBI, a que acusa de forma absolutamente inxustificada, de querer causar un grave dano ó alumnado e a sociedade en xeral", denuncian.

Por todo o exposto, as entidades firmantes desta nova declaración denuncian a súa "fonda preocupación pola falla de resposta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria" para "tomar medidas efectivas e contundentes para a retirada dos panfletos lgtbifóbicos" e para adopar "medidas legais contra estas iniciativas e contra a entidade ultracatólica Hazte Oír", xa que, "independentemente da tramitación lexislativa do asunto, todos os partidos politícos manifestanse claramente en contra de permitir a distribución do referido folleto e que é competencia desa Consellería tomar medidas urxentes a fin de evitar futurtos perxuizos que sufrirían os nenos galegos", conlúen os colectivos LGTBI.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Bufffff

Se houberan delitos de odio xa acudirían á vía penal. Os do pensamento único non soportan que exista liberdade ideolóxica, que a ideoloxía de xénero sexa unha mais, que a Iglesia non acepta porque ten a súa propia antropoloxía, por iso queren censura. É allo e auga, intolerantes de xénero, en España hai liberdade ideolóxica.

1 Amfm

¿E que din da pasividade do concello da Coruña ao terse sumado á Declaración de París que da o protagonismo ás cidades na erradicación do vih para que no 2020 o 90% dos infectados saiban que o están; o 90% reciba tratamento; e o 90% acade un estado serolóxico indetectable? ¿E que a Guardia Civil empregue unha linguaxe serofóbica e incremente o estigma que sofren os infectados, desto que din? http://www.chueca.com/articulo/desn...