Clara victoria da lista de Villares e Beiras nas primarias de En Marea

A candidatura "Máis Alá" consigue 21 dos 35 postos do Consello que gobernará o día a día da confluencia e o seu documento tamén é o máis votado. A lista municpalista logra 9 postos e a de CERNA 5.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/01/2017 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia

O proxecto de "Máis Alá", que encabeza Luís Villares, faixo co contro da confluencia de En Marea. Este colectivo, que contaba a Xosé Manuel Beiras, o líder de ANOVA, e representantes de mareas urbanas como a da Coruña, obtivo máis do 58% do voto nas primarias. As votacións organizáronse esta fin de semana e o resultado acaba de ser presentado este serán en rolda de prensa en Santiago.

Luís Villares, no Parlamento galego
Luís Villares, no Parlamento galego | Fonte: Europa Press.

Somos Quen, a candidatura liderada polo deputado e ex-alcalde de Manzaneda, Davide Rodríguez, tamén militante de ANOVA, sumou máis do 25% dos votos. Logra así 9 postos no Consello das Mareas, insuficiente para contrarrestar o peso de "Máis Alá", cuxo documento político tamén foi o máis apoiado.

En terceira e última posición quedou a candidatura Queremos Participar. Esta lista artellada dende Cerna logrou o 16 por cento dos sufraxios.

No referido a participación, a confluencia di que se inscribiron case 2.000 persoas pero votaron de xeito válido pouco máis de 1.500. Os votos en branco e os nulos son case anecdóticos.

Resultados provisionais das eleccións ao Consello das Mareas


Censo: 1903 inscriptos
Votos válidos: 1565
Votos en branco: 41 (2,62%)
Votos nulos:   0
Votos a candidaturas: 1.524 (97,38%)

Resultados por candidaturas
Máis Alá: 894 (58,66%)
Somos Quen: 385 (25,26%)
Queremos participar: 245 (16,08)


COMPOSICIÓN PROVISIONAL DO CONSELLO DAS MAREAS
Máis Alá | 21 representantes
Luís Villares Naveira
María Victoria Estaban Riesco
Xosé Manuel Beiras Torrado
Gladys Alfonso Lobato
Iago Martínez Durán
Noemí Prados Ansede
Javier Octavio de Toledo Delgado
Sara Torreiro Rodríguez
Pedro José Rivera Rodríguez
Ana María Seijas Baranauskas
Rafa Dopico Carballeira
Elena Cores Leiro
Borja San Ramón Tizón
Paula Rodríguez Domínguez
Adrián Fuenteseca Fernández
Sara Outeiral Cameán
Mariano Enrique Fernández Cabarcos
Oriana Méndez Fuentes
Gonzalo Rodríguez Rodríguez
Thais Rivera López
Ares Jiménez Soria

Somos Quen | 9 representantes
Davide Rodríguez Estévez
Iria Morgade Valcárcel
Modesto Renda Santiso
María Esther Duro Rodríguez
Alfonso Diz Diéguez
Sonia Vidal Lamas
Pablo Alonso Pérez (Patxi)
Mónica González Fernández
Xurxo Triñanes

Queremos Participar | 5 representantes
Consuelo Martínez García
Mario López Rico
Paula Vázquez Verao
Francisca Rodríguez Rodríguez
Iris Malvido Lago

Documento político máis votado: Máis Alá

Acto de Máis Alá na Coruña
Acto de Máis Alá na Coruña | Fonte: @maisala2017
Luís Villares votando no local de Lugonovo nas primarias de En Marea
Luís Villares votando no local de Lugonovo nas primarias de En Marea
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

10 SISEPUEDE

Pasar de 10.000 persoas inscritas en agosto a 1.500 en xaneiro é un grande éxito de En Marea!

9 abraira

Outra vez Marito enredando. Que noxo ¡¡¡¡

8 Amigos para siempre

Xa está en marcha a nova UPG, chámase Máis alá da U, e leva de comparsas a MGS e Abrente, non, disculpen, cústame superar o pasado, a Somos quen Queremos participar da cebolada. E agora a empoleirarse, ou como se diga...

7 Tongo tongo

Ou sexa que o consenso deixa fora ao 45% da organización que güai. E como se sabe que eses foron os resultados reais se foi todo "telematico". Que mandaron un de Podemos desde Madrí para supervisar los galleguiños

1 Indepe_

Avoíñoooo....! a pasti, que te bloqueaaas...!

6 Esas matemáticas...

A Comisión electoral non botou ben as contas, mirade o comunicado de presentación de reclamacion antes da aprobación definitiva: Chelo Martínez: "Presentamos recurso porque os membros asignados a QP non se corresponden cos dados dos resultados" Celebradas as eleccions internas de En marea os resultados que se nos comunican son os seguintes: Mais Alá 894 Somos Quen 385 Queremos participar 245 Con eses resultados a cada candidatura dos 35 membros correspóndelle en proporcionalidade pura: Mais Alá 20,55 Somos Que 8,85 Queremos participar 5,63 Os resultados serían 20 para MA, 9 para SQ e 6 para QP para a composicion dos 35 do Consello das Mareas. Supoñemos que é debido a un erro aritmético e que se procederá a subsanar debidamente ante a nosa reclamación que efectiaremos de inmediato. Con eses dados correxidos o resultado para os 11 membros da Coordinadora (executiva) que se elixe proporcional aos resultados das listras sería de 6 para MA, 3 para SQ e 2 para QP.