Unha viola de 1755 soará coa Real Filharmonía de Galicia o xoves 26 en Vigo e o venres en Santiago

A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá dous concertos esta semana, o xoves 26 en Vigo e o venres en Santiago de Compostela, nos que soará unha viola de 1755 da man do violista francés de orixe grega Tasso Adamopoulos.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2017 | Actualizada ás 18:55 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá dous concertos esta semana, o xoves 26 en Vigo e o venres en Santiago de Compostela, nos que soará unha viola de 1755 da man do violista francés de orixe grega Tasso Adamopoulos.

En concreto, segundo informou o Consorcio de Santiago, a actuación na cidade olívica será este xoves no Teatro Afundación ás 20,30 horas. Ao día seguinte, a orquestra tocará na súa sede, o compostelano Auditorio de Galicia, tamén ás 20,30 horas.

En ambas as dúas actuacións levará a batuta o director francés Pierre Dumoussaud, que se interesou pola dirección orquestral dende moi novo. Formouse no Conservatorio Nacional Superior de Música de París e aos vinte anos fundou o Ensemble Furians, do que ademais é director musical.

Os concertos arrancarán coa 'Sinfonía nº 4' do compositor romántico alemán Felix Mendelssohn (1809-1847). Coñecida como 'A italiana', a obra ten as súas orixes na viaxe que o autor realizou entre 1830 e 1831 a Italia, inspirándose na cor e a atmosfera do país.

A continuación o público terá a oportunidade de escoitar 'Harod en Italia', do compositor romántico francés Hector Berlioz (1803-1869). É a súa segunda sinfonía, escrita en 1834 e está composta en catro movementos, que evocan musicalmente varias escenas de As peregrinacións do Neno Harold de Lord Byron.

Nesta obra a viola ten un gran protagonismo e serve para vincular as catro partes. Nesta ocasión será o violista francés de orixe grega Tasso Adamopoulos o responsable da súa interpretación.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta