Afundación inaugura este martes en Vigo a mostra 'Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura'

Afundación inaugura este martes en Vigo a exposición 'Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura', que mostra unha selección de 100 obxectos para relatar "a evolución da cultura galega en función da capacidade dos obxectos de explicar aspectos da identidade, o territorio, a sociedade e a cultura galegas e os seus cambios e transformacións".

VIGO | 23/01/2017 | Actualizada ás 20:42 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Afundación inaugura este martes en Vigo a exposición 'Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura', que mostra unha selección de 100 obxectos para relatar "a evolución da cultura galega en función da capacidade dos obxectos de explicar aspectos da identidade, o territorio, a sociedade e a cultura galegas e os seus cambios e transformacións".

Tras presentarse pola mañá o evento aos medios, a inauguración terá lugar ás 20,00 horas na sala de exposicións do Teatro Afundación de Vigo, á que asistirán o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, o comisario da mostra, Manuel Gago, e a patroa de Afundación, Mercedes Rozas.

A exposición, que está organizada polo Consello da Cultura Galega coa colaboración de Afundación e Abanca, estará aberta ao público ata o próximo 25 de marzo e contará con obxectos tanto de ámbito cotián, como un morteiro de améndoas de mediados do século XVII e un bidón de leite, como outros máis "emblemáticos", como a bandeira do Consello de Galiza.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

eu voulles levar un fungueiro do carro do meu tio... para darlle co il nos fuciños a ver se soltan os 9.000 millóns de eurazos que nos costou a broma ?