O futuro papel de Villares en En Marea segue no aire

A xuntanza do novo Consello da fin de semana terá que decidir o papel do voceiro parlamentar, que depende del e dos votos de membros da súa candidatura que se opuxeran, inicialmente, á bicefalia. Entre eles, Xosé Manuel Beiras. Os resultados apuntan a unha maioría do sector nacionalista na nova dirección de En Marea. Unha das listas impugna os resultados provisionais.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 24/01/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O futuro papel de Luís Villares en En Marea aínda non está decidido. E é que os resultados tan abertos da votación ao Consello das Mareas deixa aberta a posibilidade de que o voceiro parlamentario desta formación tamén poida ser o seu referente político. Todo dependerá dos votos dos membros da súa candidatura que, oficialmente, non recollía esta posibilidade.

Os alcaldes de Santiago, A Coruña e Ferrol na Asemblea Constituínte de En Marea
Os alcaldes de Santiago, A Coruña e Ferrol na Asemblea Constituínte de En Marea

Haberá que agardar a esta fin de semana para saber a decisión final dos novos membros do Consello da Mareas, xa que será cando manteñan o seu primeiro encontro no que se elixirán aos once membros da  Coordinadora e tamén se aprobará a liña política da formación. Aínda que neste punto hai diferencias segundo as candidaturas e os dirixentes cos que se fale. 

Así, mentres que en Somos Quen e Queremos Participar –as dúas listas non oficiais-- entenden que é o Consello quen ten que decidir o futuro programático da formación, que logo terá que refrendar os militantes, sectores en Máis Alá, a lista de Villares, sinalan que a votación rematada este luns tamén dá por finiquitada esta cuestión e que a maioría de votos obtida avala xa a súa folla de ruta para a nova formación.

Escenario aberto

Sen embargo, os resultados acadados polas listas non oficiais, Somos Quen e Queremos Participar, deixan un escenario aberto. Estas dúas candidaturas suman 14 representantes dos 35 que ten este órganos. Pero é que dos 21 obtidos por Máis Alá, a lista gañadora, hai varios que non comparten a liña oficial de separar os cargos de voceiro parlamentario e líder da formación.

Luis Villares, voceiro parlamentario de En Marea
Luis Villares, voceiro parlamentario de En Marea | Fonte: EP

De feito, os resultados deste luns debuxan un escenario no que o nacionalismo é a forza dominante das mareas. Así, 9 representantes son da lista Somos Quen, de Davide Rodríguez, e vinculada a Anova; outros cinco a de Queremos Participar, impulsada por Cerna –unha escisión de Anova-- e logo estarían varios representantes de Anova --incluído Beiras-- na lista oficial, ademais doutras dúas representantes da lista oficial que pertencen ao Foro Galego, o movemento nacionalista de xente vinculada no seu día a Máis Galicia e Compromiso por Galicia. Tamén está no aire a composición da futura Coordinadora na que se podería dar un empate entre as listas non oficiais e a oficial da que o arbitro podería ser o propio Villares.

O papel de Villares e de Beiras

Pero o que moitos se preguntan dentro de En Marea é o que farán os integrantes nacionalistas de Anova, con Xosé Manuel Beiras á cabeza, que apoiaron a lista oficial, e tamén as decisións que adopte o propio Luís Villares.

“Máis Alá é un grupo plural e non unha formación como o PP no que hai que facer o manda máis”, apuntan fontes consultadas por GC coñecedoras deste proceso. Neste sentido, estas mismas fontes aseguran que todo dependerá da postura que adopte o propio Villares, se el mesmo acepta “sacrificarse”, ou dar a batalla interna polo liderato da formación, como lle piden integrantes da súa lista e do resto de candidaturas. "O lóxico é que non se deixe xa matar tan rápido por Xulio Ferreiro", sinalan.

“E tamén ver que fai Xosé Manuel Beiras que sempre defendeu a Villares como líder indiscutible de En Marea”, aseguran. E é que cos datos enriba da mesa, “esa posiblidade --a de Villares como líder indiscutible-- existe e é moi real”, indican.

Impugnación

Con todo, o proceso electoral non está pechado porque unha das candidaturas, Queremos Participar (QP), anunciou que o vai impugnar ao entender que foi prexudicada no reconto final e perdeu un sexto representante en favor da lista de Máis Alá. 

“Presentamos recurso porque os membros asignados a QP non se corresponden cos dados dos resultados", suliñou a cabeza de lista, Consuelo Martínez. Así, indica que cos resultados acadados, a porcentaxe obtida é de Mais Alá o 20,55, Somos Quen o 8,85 e Queremos participar o 5,63. Queremos Participar entende que, debido a que os decimais de SQ e QP son meirandes que os de MA, deberían ser eles quen leven un sexto representante. 

“Supoñemos que é debido a un erro aritmético e que se procederá a subsanar debidamente ante a nosa reclamación que efectuaremos de inmediato”, indican. Con eses dados corrixidos o resultado para os 11 membros da Coordinadora (executiva) que se elixe proporcional aos resultados das listas sería de 6 para MA, 3 para SQ e 2 para QP, ficando Villares de árbitro dunha Coordinadora moi plural e representativa da base de En Marea

Composición do Consello

Cos resultados anunciados onte, por 'Máis Alá!' estarán no consello Luís Villares, Victoria Esteban, Xosé Manuel Beiras, Gladys Afonso, Iago Martínez, Noemí Prados, Javier Octavio de Todelo, Sara Torreiro, Pedro José Rivera, Ana María Seijas, Rafael Dopico, Elena Cores, Borja San Ramón, Paula Rodríguez Domínguez, Adrián Fuenteseca, Sara Outeiral, Mariano Enrique Fernández, Oriana Méndez, Gonzalo Rodríguez, Thais Rivera e Ares Jiménez.

Por 'Somos Quen' estarán no máximo órgano de decisión entre asembleas Davíde Rodríguez, Iria Morgade, Modesto Renda, María Esther Duro, Alfonso Diz, Sonia Vidal, Pablo Alonso Pérez, Mónica González, Xurxo Triñanes.

Por 'Queremos participar' estará representado no Consello das Mareas pola exdeputada de AGE e do Grupo Mixto Consuelo Martínez, Mario López Rico, Paula Vázquez Verao, Francisca Rodríguez e Iris Malvido.

A coordinadora, á súa vez, sairá das 35 persoas elixidas para o Consello das Mareas e comporase de forma proporcional aos resultados obtidos polas distintas candidaturas.

Ferreiro, Villares e Beiras no plenario de En Marea
Ferreiro, Villares e Beiras no plenario de En Marea | Fonte: Xurxo Guitián
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

6 Nefelibata

Dadesme mágoa uns e outros. Os cidadáns estamos a sufrir por mor dos recortes e da desigualdade social que non paran de medrar e vós a insultarvos nas redes. Eu en realidade non sei quen sodes vós... Pero xa está ben. Ao fin ata eu teño máis en común con alguén das Mareas que non do PP. Unión de esquerda e solución dos problemas reais dos cidadáns xa. E ás Mareas: ides facer política algunha vez na vida ou pensades que se vive continuamente das rendas dos antigos "artistas" da política barateira da demagoxia e do apoio mediático aos vosos compañeiros de Podemos? Reflexionastes algunha vez sobre estes apoios mediáticos, vós que tanto criticades en Galicia certos medios. Deixádevos de lerias, meus e sede o catalizador dunha nova unión de esquerda galeguista e non uns teimudos perseguidores da desaparición do bloque.

1 Gamela

Moito me temo ca túa mensaxe debera ir dirixida a ELES https://temposgalegos.com/2017/01/2...

5 Gamela

Agora xa teñen CALEFACCIÓN // https://flic.kr/p/QhKraX // pero a xente morre co frío !!!

4 Descartes

Facedes mal as contas. Cando de dividir de trata, nada como facerlle caso ao Cerna. Sacaron 6.

1 ferriño

Je Je

3 Fillares

A min o único que me preocupa é que me garantades 7.000 netos ao mes, coche oficial e chófer. Non pode ser que Pontona, que estudaba peor que eu gañe 5500 e eu o mesmo.

2 Chichi Nabo

O Davide Manzaneda acaba de recoñecer na radio galega que non saben como van elixir as persoas da coordinadora. Que "lle dixeron" que ía ser dunha forma, pero que non está escrito en ningún lado. Ese é o nivel