Temas: GUERRAS SIRIA

Galicia non se esquece do que pasa en Siria

Varios refuxiados sirios, politólogos e expertos participaron nun debate na Deputación de Lugo sobre a situación de Alepo.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 24/01/2017 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

O presente, pasado e futuro de Alepo foi o centro da conversa que xuntou este luns en Lugo a varios especialistas, activistas e especialistas que analizaron a situación da cidade, símbolo da guerra civil que padece Siria.

Guerra en Siria
Guerra en Siria | Fonte: rtve.es

No debate, interviñeron o Director do Centro de Educación Permanente de Adultos do C.P. Monterroso, Pedro Cantero, o Tradutor do C.P. Monterroso e experto en culturas mediterráneas e orientais, Alí Lhana Díaz, o Director de programas do C.P. Penitenciario de Monterroso, Víctor Fraga Gayoso, un estudante de Socioloxía na Universidade Central de Venezuela, Nour Salih Chami, o refuxiado sirio residente na Coruña, Ahmad Llovia, a Politóloga e máster en Estudos Internacionais da USC, Nour Al-Houssen, e a Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, Encarna Lago.

Neste sentido, a deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, subliñou que “dende as institucións temos que comprometernos, a axudar a toda esta xente que foxe da guerra en busca dun novo fogar e oportunidades para as súas familias. Con este debate, visibilizamos o problema dos refuxiados e intentamos sensibilizar á poboación, pois os Museos, tamén son instrumentos de cambio social”.

Para ilustrar a mesa redonda proxectáronse fotografías realizadas por Pedro Cantero xusto antes de comezar o xenocidio e o conseguinte éxodo da poboación cara destinos, teoricamente, máis seguros. Son unha serie de fotografías realizadas por Pedro Cantero xusto antes do comezo da masacre; a memoria fotográfica dunha cidade cosmopolita e multicultural, con recunchos como a Cidade Vella (Patrimonio da Humanidade), a Cidadela de Alepo, a Gran Mezquita ou  igrexas católicas, entre outros monumentos.

Temas: GUERRAS SIRIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta